Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación estrea na Praza de Galicia de Lalín a mostra itinerante...

A Deputación estrea na Praza de Galicia de Lalín a mostra itinerante “Pontevedra e América. Unha mirada en feminino”, para poñer en valor ás mulleres da emigración

- Anuncio -

A exposición, aberta ata o 1 de abril, enmárcase en “Seguimos con todas e para todas”, a programación da institución provincial “para conmemorar o 8 de marzo e reafirmar que o noso compromiso coa igualdade é irrenunciable”, afirmou a deputada Sandra Bastos

“Pontevedra e América. Unha mirada en feminino”, a mostra itinerante da Deputación de Pontevedra e da Cátedra Iberoamericana da Universidade de Santiago de Compostela (USC) para poñer en valor a historia de trece mulleres cuxo nexo de unión é a emigración e a relación entre Pontevedra e o outro lado do Atlántico, chegou a Lalín. A deputada provincial Sandra Bastos inaugurou esta exposición itinerante que se enmarca na programación “Seguimos con todas e para todas”, deseñada pola Deputación, tal e como afirmou, “para conmemorar o 8 de marzo e reafirmar que o noso compromiso coa igualdade é irrenunciable”.

Trala apertura da mostra, que se poderá visitar na Praza de Galicia de Lalín ata o 1 de abril, a directora da Cátedra Iberoamericana da Universidade de Santiago, María Cadaval, xunto á catedrática emérita de Historia e Institucións Económicas da mesma universidade, Mª Xosé Rodríguez Galdo, e a adxunta á Valedora do Pobo, Mª Xosé Porteiro, impartiron unha conferencia no Concello de Lalín na que renderon homenaxe ás 13 mulleres que forman parte de “Pontevedra e América. Unha mirada en feminino”.

Bernarda Pereira, Blanca Rodríguez, Margarita Bilbatúa, Sofía Novoa, Concepción Pazo, Chita Lamas, Rosina Villaverde, Antía Cal, Reyna Pastor, Concha Nogueira, Isaura Abelairas, María Xosé Porteiro e Noemí Cendón son as protagonistas da exposición. Mulleres, todas elas, para as que Pontevedra marcou unha parte importante da súa experiencia vital, ao mesmo tempo inserida nas súas vivencias en terras americanas, en países como Brasil, Cuba ou Arxentina. O tempo transcorrido en Pontevedra e o vivido en América, se ben distintos en época, duración ou circunstancias persoais, entre outros factores é o que as une a todas. Para unhas América constitúe o seu lugar de nacemento, outras mantiveron unha intensa e prolongada vivencia naqueles países, sendo noutros casos a estadía máis curta, pero non menos intensa.

Tras pasar xa por Pontevedra e Vigo e chegar agora a Lalín, onde poderá visitarse ata o vindeiro 1 de abril na Praza de Galicia, a mostra “Pontevedra e América. Unha mirada en feminino” continuará neste 2024 o seu percorrido polos concellos da provincia.

Relacionadas

O IES de Salvaterra inaugura o patio inclusivo dentro do seu I Festival das...

0
O pasado mércores o IES de Salvaterra de Miño organizou o I Festival das Letras Galegas, unha máis das actividades enmarcadas dentro do mes...

A Feira Abanca Semana Verde arrancou hoxe coas súas propostas máis profesionais

0
A Feira Internacional Abanca Semana Verde arrincou hoxe a súa 46ª edición, a cal foi inaugurada polo presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda. Nesta...

Os mellores exemplares das razas autóctonas en perigro de extinción decidíronse hoxe na feira...

0
OS SEUS CONCURSOS MORFOLOXICOS TUVIERON LUGAR NO MARCO DESTE CERTAME MULTISECTORIAL, EN CUXA EXPOSICIÓN SE PODEN VER ESTES ANIMAIS DENDE HOXE E ATA O...

Nace o Observatorio da Xunqueira de Ramallosa, un proxecto pioneiro en accesibilidade e tecnoloxía...

0
Trátase dun proxecto promovido polo Concello de Gondomar financiado pola convocatoria Leader 2023-2024 a través de EuRural Favorecer o achegarse á natureza sen obstáculos físicos...

A Rosa de Mos inicia nova etapa tras médio século de historia

0
A 51 edición da festa trasládase ao Pazo de Mos e ten como pregoeira á influencer mosense Tamara García Esta mañá tivo lugar na contorna...

O BNG de Vigo agarda que a Xustiza poña luz na “chanchullada escura” que...

0
A fronte nacionalista agarda que o proceso xudicial que se vén de iniciar permita aclarar até o final o escándalo levantando a “xigantesca alfombra...

Publicacións Relacionadas