Home Vigo Pazos de Borbén Reunión entre o Alcalde Luciano Otero e o Subdelegado do Goberno para...

Reunión entre o Alcalde Luciano Otero e o Subdelegado do Goberno para abordar a construción dunha rotonda en Os Valos

- Anuncio -

O novo alcalde de Pazos de Borbén, Luciano Otero, reuniuse co Subdelegado do Goberno, Abel Losada, para demandar a construción dunha rotonda no Alto de Os Valos. Esta proposta afecta aos concellos de Redondela, Pazos de Borbén e Mos.

A reunión, que tivo lugar no día de hoxe, centrouse na necesidade de mellorar a seguridade viaria e a fluidez do tráfico nesta intersección clave. A construción dunha rotonda permitiría mellorar a seguridade viaria, reducir os tempos de viaxe, e facilitar o acceso ás áreas circundantes, nas que se atopan zonas industriais con elevado tráfico pesado.

O Alcalde Otero expresou a súa preocupación pola seguridade viaria neste punto e destacou a importancia desta iniciativa para toda a comunidade. “A creación dunha rotonda en Os Valos é unha medida reclamada dende fai tempo por todos os concellos afectados, crucial para garantir a seguridade dos condutores”, afirmou.

O Subdelegado do Goberno, Abel Losada, pola súa parte, mostrouse receptivo á proposta e comprometeuse a incluír na axenda de Fomento esta actuación. “E unha demanda que vemos xustificada, dada as características deste cruce, e veremos de iniciar os trámites para incluíla nos plans de Fomento”, declarou.

O Alcalde Otero tamén aproveitou a ocasión para solicitar información sobre a situación de dous proxectos, a A-59 e a A-57, que no seu momento estiveron incluídos nos plans do Ministerio e que lle afectan de cheo a Pazos de Borbén. “De momento non hai nada enriba da mesa a respectos destas infraestruturas” manifestaron dende a Subdelegación.

Relacionadas

A Deputación leva ata Ponte Caldelas o programa “Aquí faltan páxinas” para afondar na...

0
A deputada de Igualdade, Sandra Bastos, abrirá o faladoiro este xoves 23 de maio, ás 19:00 horas, na Casa da Cultura da vila, e...

A Deputación organiza no seu Edificio Administrativo cursos de español gratuítos para que inmigrantes...

0
A deputada de Benestar Social, Sandra Bastos, inaugurará o luns 20 de maio, ás 16:00 horas, esta acción formativa na que van participar máis...

A Deputación celebra a integración do Museo de Pontevedra en CODART, unha rede de...

0
“Con esta noticia completamos unha semana de grandes avances liderados polo Museo de Pontevedra para converter á provincia no epicentro cultural internacional”, remarcou o...

A Deputación de Pontevedra abre no Palacete das Mendoza a exposición “Música e pintura”...

0
A mostra do artista coruñés poderá visitarse na sede de Turismo Rías Baixas ata o vindeiro 2 de xuño A Deputación de Pontevedra acaba de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este sábado a Bueu co concerto de...

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este domingo a Rodeiro con Boyanka Kostova

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

Publicacións Relacionadas