Home Pontevedra A Lama O Concello da Lama conmemorará este venres 8-M en colaboración co colexio...

O Concello da Lama conmemorará este venres 8-M en colaboración co colexio onde se porán en marcha varios obradoiros e o alumnado repartirá chaveiros alusivos a esta data

- Anuncio -

Levarase a cabo no Salón de Plenos a lectura dun manifesto a prol da igualdade e do rexeitamento de todo tipo de violencia contra as mulleres

O Concello da Lama conmemorará este venres 8 de marzo o Día Internacional da Muller a través da programación coordinada polo Centro de Información á Muller (CIM), consistente na posta en marcha de varios obradoiros relacionados cos estereotipos de xénero, igualdade no traballo e nas tarefas do fogar e que terán como protagonistas ao alumnado de educación infantil e primaria.

Ademais durante a xornada do venres 8 de marzo terá lugar o reparto entre a veciñanza, por parte do alumnado do CEIP da Lama, duns chaveiros alusivos á conmemoración do Día Internacional da Muller confeccionados polos propios nenos e nenas. Tamén, ás 11 horas da mañá, no Salón de Plenos terá lugar a lectura dun manifesto ao que está previsto que acuda o alcalde, David Carrera, membros da Corporación e persoal municipal.

Por outra banda, sinalar que o Concello da Lama conta cunha subvención subvención da Secretaría de Estado de Igualdade e contra a Violencia de Xénero de 1.964,49 euros que serán destinados á realización de programas que teñan como finalidade o desenvolvemento das medidas do Pacto de Estado en materia de violencia de xénero, en concreto, para a realización de campañas de sensibilización e prevención de calquera forma de violencia contra as mulleres e erradicación dos esteriotipos machistas.

Deste xeito inclúense estes obradoiros dirixidos ao alumnado de educación infantil e primaria, onde se traballarán fundamentalmente os estereotipos de xénero e que levará a cabo durante a semana do 8 de marzo, para conmemorar o Día Internacional da Muller. En todos os talleres mantense unha liña de traballo con visión de xénero, profundando na finalidade do desenvolvemento das medidas do Pacto de Estado en materia de violencia de xénero.

Relacionadas

Os Concellos de Pazos de Borbén e Fornelos de Montes Unen Forzas ...

0
Os concellos de Pazos de Borbén e Fornelos de Montes, decidiron unirse nunha causa común: garantir a  atención sanitaria nas súas comunidades rurais. O...

O IES de Salvaterra inaugura o patio inclusivo dentro do seu I Festival das...

0
O pasado mércores o IES de Salvaterra de Miño organizou o I Festival das Letras Galegas, unha máis das actividades enmarcadas dentro do mes...

A Feira Abanca Semana Verde arrancou hoxe coas súas propostas máis profesionais

0
A Feira Internacional Abanca Semana Verde arrincou hoxe a súa 46ª edición, a cal foi inaugurada polo presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda. Nesta...

Os mellores exemplares das razas autóctonas en perigro de extinción decidíronse hoxe na feira...

0
OS SEUS CONCURSOS MORFOLOXICOS TUVIERON LUGAR NO MARCO DESTE CERTAME MULTISECTORIAL, EN CUXA EXPOSICIÓN SE PODEN VER ESTES ANIMAIS DENDE HOXE E ATA O...

Nace o Observatorio da Xunqueira de Ramallosa, un proxecto pioneiro en accesibilidade e tecnoloxía...

0
Trátase dun proxecto promovido polo Concello de Gondomar financiado pola convocatoria Leader 2023-2024 a través de EuRural Favorecer o achegarse á natureza sen obstáculos físicos...

A Rosa de Mos inicia nova etapa tras médio século de historia

0
A 51 edición da festa trasládase ao Pazo de Mos e ten como pregoeira á influencer mosense Tamara García Esta mañá tivo lugar na contorna...

Publicacións Relacionadas