Home A Coruña O Concello iniciará a tramitación do Regulamento Orgánico Municipal para aumentar a...

O Concello iniciará a tramitación do Regulamento Orgánico Municipal para aumentar a periodicidade dos plenos ordinarios de tres a dous meses

- Anuncio -

 A moción foi presentada de maneira urxente polo PP na sesión plenaria celebrada onte e contou cos votos a favor dos populares e do concelleiro non adscrito

 O equipo de goberno mostrouse en contra, ao entender que será unha medida que elevará o traballo administrativo do “escaso cadro de persoal” municipal e que busca un “beneficio económico” a título individual, a costa de xerar máis carga ás arcas municipais

 O PSOE propuxo como alternativa celebrar máis xuntas de voceiros como medida para “fomentar máis diálogo” sen sobrecargar a burocracia nin crear un impacto económico negativo no Concello

O Concello de Paderne iniciará a tramitación do Regulamento Orgánico Municipal (ROM) para aumentar a periodicidade dos plenos ordinarios, que pasarán de celebrarse un cada tres meses a facelo un de cada dous. Así o aprobou a proposta do Partido Popular, que elevou unha moción de maneira urxente para iniciar a tramitación da modificación do artigo 26 do ROM, que establece a frecuencia das sesións plenarias ordinarias.
Tanto o carácter de urxencia deste documento como a moción contaron cos votos a favor do propio PP, que argumentou a necesidade de facer máis plenos. A medida tamén contou co voto a favor do concelleiro non adscrito, Salvador García.
Mentres, os edís do PSOE e do BNG votaron en contra, xa que supón un sobrecusto ás arcas municipais e maior carga de traballo para o escaso cadro de persoal do Concello de Paderne.
“Esta medida proposta non é necesaria para mellorar o funcionamento do Concello. Estamos abertos aos cambios que sexan necesarios, pero isto responde a intereses económicos individuais. Será algo que xere un impacto negativo nas arcas municipais, simplemente para beneficio particular dos concelleiros, que cobrarán máis por asistir a máis plenos”, sinalou o rexedor.
Platas tamén apuntou que este proposto producirá “unha maior carga de traballo para o escaso cadro de persoal municipal, o que fará que se retrase o tratamento de asuntos e expedientes da veciñanza”. “É unha sobrecarga innecesaria á burocracia que só pon máis trabas, porque este aumento da periodicidade non se trata dunha necesidade nin favorece os intereses xerais do Concello, senón que se propón para beneficiar de xeito económico e partidista a uns poucos”, lamentou o alcalde.
Sergio Platas quixo lembrar esta periodicidade dun pleno cada tres meses leva vixente máis de tres décadas e foi “aprobada por todos os partidos”. A súa modificación, ademais, supón “un cambio estrutural importante”.
Como alternativa, o PSOE expuxo a posibilidade de concretar “máis reunións de voceiros”. “Trátase dun xeito de fomentar o diálogo, pero sen que supoña un custo económico adicional para o Concello e unha carga administrativa extra para os traballadores”, dixo.
A pesares da argumentación do grupo que compón o executivo local, o PP e o concelleiro non adscrito decidiron votar a favor da moción, polo que o Concello de Paderne iniciará agora os trámites para modificar o Regulamento Orgánico Municipal.

Relacionadas

O concello reactiva o comercio local coa segunda edición doprograma de bonos “Eu Merco...

0
1.333 laracheses poderán acceder a unha chequeira de 30 euros para descontar as súas compras no pequeno comercio larachés. O Concello volve mostrar o seu...

Reeabertas á circulación as vías forestais de Montemair que foran danadas pola realización de...

0
A Policía Local emitiu un informe no que se determina que o estado actual permite a circulación en condicións de seguridade. O Concello informa da...

O alumnado do CPI Cruz do Sar expón a súa visión de Bergondo a...

0
· Os nenos e nenas expuxeron e leron as creacións realizadas durante os talleres impartidos pola artista bergondesa Dores Tembrás. O alumnado de 5º e...

O Museo Valle-Inclán pobrense conmemora o Día Internacional dos Museos con visitas comentadas e...

0
No 18 de maio conmemórase o Día Internacional dos Museos e, por tal efeméride, o Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal ofrece unha acción...

Carnota conmemora o Día Internacional dos Museos coa apertura da Caseta de Pepe do...

0
Esta revolucionaria instalación, á que se accede co móbil a través dun código QR, poderá ser visitado durante as 24 horas deste sábado, 18...

Belén do Campo reúnese con Juan Carlos García e destaca os investementos por case...

0
A delegada lembrou que o municipio se beneficia dunha axuda da Xunta de máis de 285.000€ para a creación dun punto limpo preto de...

Publicacións Relacionadas