Home A Coruña Jessica Otero, da Asociación Salvemos o Val de Barcia e o Monte...

Jessica Otero, da Asociación Salvemos o Val de Barcia e o Monte Xalo, faise co ‘Premio 8 de marzo’

- Anuncio -

· O alcalde, Javier Gestal, e a edil de Servizos Sociais e Igualdade, Inmaculada Mantiñán, foron os encargados de entregar o galardón á veciña de Quembre.

 Jessica Otero Trigo, da Asociación Salvemos o Val de Barcia e o Monte Xalo, converteuse na gañadora do ‘Premio 8 de marzo’, un recoñecemento outorgado grazas ás votacións dos propios veciños e veciñas. A muller é a secretaria desta entidade que leva xa dous anos loitando contra a implantación do parque eólico de As Encrobas. O Concello acolleu, esta mañá, a entrega coincidindo coa conmemoración do Día Internacional da Muller. O alcalde, Javier Gestal, e a edil de Servizos Sociais e Igualdade, Inmaculada Mantiñán, foron os encargados de entregar o galardón á veciña de Quembre.

A veciña amosouse “feliz” por ter recibido o premio, cuxa entrega coincidiu, ademais, co segundo aniversario da entidade. Con todo, tal e como a propia Otero Trigo recoñeceu, “yo soy la cara visible de la asociación, pero este premio no habría sido posible sin el trabajo del resto de personas que forman parte de la entidad”. Jessica é a secretaria da asociación e defínese a si mesma como unha “amante” dos animais. De feito, na propia plataforma das votacións veciñais defínena como “unha muller forte, valente, que loita polo que cre e que destaca pola súa loita a prol do coidado e da preservación da natureza e o coidado dos animais”.

Comunidade educativa

Ademais da entrega do ‘Premio 8 de Marzo’, o acto institucional desta mañá contou coa participación dunha boa representación de alumnos e alumnas do CEIP Plurilingüe Vicente Otero Valcárcel e do IES de Carral. Baixo o tema central ‘Financiar os dereitos das mulleres. Unha cuestión de dereitos humanos’, os rapaces e rapazas fixeron unha pequena introdución sobre o feminismo e, ademais, presentaron viñetas e traballos artísticos con motivo do 8 de marzo. O acto incluíu, así mesmo, a lectura do manifesto por parte da técnico de Igualdade do Concello de Carral.

Relacionadas

O concello reactiva o comercio local coa segunda edición doprograma de bonos “Eu Merco...

0
1.333 laracheses poderán acceder a unha chequeira de 30 euros para descontar as súas compras no pequeno comercio larachés. O Concello volve mostrar o seu...

Reeabertas á circulación as vías forestais de Montemair que foran danadas pola realización de...

0
A Policía Local emitiu un informe no que se determina que o estado actual permite a circulación en condicións de seguridade. O Concello informa da...

O alumnado do CPI Cruz do Sar expón a súa visión de Bergondo a...

0
· Os nenos e nenas expuxeron e leron as creacións realizadas durante os talleres impartidos pola artista bergondesa Dores Tembrás. O alumnado de 5º e...

O Museo Valle-Inclán pobrense conmemora o Día Internacional dos Museos con visitas comentadas e...

0
No 18 de maio conmemórase o Día Internacional dos Museos e, por tal efeméride, o Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal ofrece unha acción...

Carnota conmemora o Día Internacional dos Museos coa apertura da Caseta de Pepe do...

0
Esta revolucionaria instalación, á que se accede co móbil a través dun código QR, poderá ser visitado durante as 24 horas deste sábado, 18...

Belén do Campo reúnese con Juan Carlos García e destaca os investementos por case...

0
A delegada lembrou que o municipio se beneficia dunha axuda da Xunta de máis de 285.000€ para a creación dun punto limpo preto de...

Publicacións Relacionadas