Home A Coruña Moeche, espazo esta fin de semana para promocionar o "queixo feito con...

Moeche, espazo esta fin de semana para promocionar o “queixo feito con mimo”

- Anuncio -

Presentada en Ferrol a VI Feira do Queixo de Moeche – I Feira estatal de Queixarías Artesás QueRed

A sede ferrolá de Afundación acolleu esta mañá a presentación oficial da sexta Feira do Queixo de Moeche e da primeiro encontro estatal da Rede de Queixerías de Campo e Artesás QueRed. Un evento que se desenvolverá durante o sábado e máis o domingo -o primeiro día dirixido só a profesionais- co que se quere mostrar a excelencia dos queixos elaborados en pequenos obradores de toda España e que, ademais, tamén reivindicará as posibilidades da transformación leiteira vinculada á calidade, aos produtos diferenciados e á sostenibilidade. Neste sentido, á cita organizada polo Concello de Moeche en colaboración con QueRed e a Deputación da Coruña asistirán 38 queixarías da comarca, de Galicia e do resto de España, ademais de 16 postos agroalimentarios, rodeados durante a xornada do domingo por múltiples actividades paralelas. Obradoiros para a rapazada, música, catas comentadas, showcookings, visitas guiadas ao castelo e un Tren do queixo que sairá ás 10:45 horas da estación de Ferrol con destino a Moeche, son algúns dos alicientes que, xunto á ampla variedade de queixos, prometen atraer ao recinto feiral de San Ramón a miles de visitantes.

A presentación desta mañá abriuna a concelleira de Turismo de Ferrol, María del Carmen García, como representante do concello anfitrión do acto, quen lle desexou á feira “moito éxito e moitas vendas aos artesáns participantes no evento”, ademais de agradecer “a posta en valor dun produto excelente”.

Pola súa banda, Xosé Mazaira, responsable da queixería chantadina Airas Moniz e secretario de QueRed, celebrou que Moeche vaia acoller o primeiro encontro estatal dunha rede “da que formamos parte 400 queixarías artesanais de España que abranguen as 17 comunidades autónomas”. Mazaira destacou neste sentido que a feira ofrecerá nun mesmo espazo “elaboracións totalmente distintas” que serán do gusto as persoas amantes do queixo, pero tamén un exemplo de como a transformación leiteira pode axudar a mellorar as rendas das explotacións:”creo que vai ser un referente para moita xente que ten gandaría e que non sabe que facer co leite. Ese é un dos obxectivos, dar a coñecer a cultura do queixo que hai en España e animar á xente de Galicia a que transforme o leite porque hai moitas oportunidades de negocio”, asegurou o artesán.

Na mesma liña tamén se pronunciou Xosé Regueira, responsable provincial de Turismo, Promoción económica e Cadea Agroalimentaria, quen reivindicou o turismo e a gastronomía baseada nos produtos “dun nivel de calidade altísimo” como factores que contribúen ao desenvolvemento rural. Argumentos que o seu departamento está promovendo a través da marca A provincia que sabe. “A gastronomía vai darnos moitas oportunidades para diversificar o turismo, pero tamén para avanzar no compromiso co quilómetro cero, coa sostenibilidade e co territorio”. Regueira reiterou o apoio da Deputación da Coruña ás iniciativas neste sentido que están poñendo en marcha “os concellos máis pequeniños”, como é o caso de Moeche, “que invisten en xerar oportunidades de negocio pero tamén para que a xente que vive no rural poida seguir vivindo e traballando no rural”.

A alcaldesa de Moeche, Beatriz Bascoy, agradeceu o apoio da Deputación e de QueRed na organización da feira desta fin de semana que, segundo debullou, estará centrada o sábado nun público profesional -coa presentación da propia rede estatal e unha sesión formativa-, mentres que o domingo, “o día grande”, abrirá ao público ás 10:00h con “39 queixarías,16 postos artesanía agroalimentaria e todo tipo de actividades para que a xente pase a xornada: obradoiros de queixaría, catas comentadas co artesán queixeiro Alejandro Montes, actuacións musicais, sorteos… Pero o principal será probar os queixos de todo o Estado”, avanzou Bascoy como resume dun programa que pode consultarse nesta ligazón.

A alcaldesa -que estivo acompañada pola titular de Desenvolvemento local, Cris Rey- cualificou, a feira do queixo como “a nosa xoia” (sen desmerecer a cita do 23 de Abril) por tratarse dunha aposta que arrancou en 2016 para mostrar “a calidade das queixarías artesás, dese queixo que se prepara con moito coidado, con moito mimo, que acaba sendo un produto diferenzado e unha vía de saída moi importante para o sector lácteo”. Bascoy rematou a súa intervención no acto recalcando que a Feira do Queixo busca “busca potenciar o sector lácteo e que Moeche sexa un espazo de referenza para o sector artesán”.

Á presentación que tivo lugar na sede de Afundación tamén asistiron, ademais da representación institucional e organizadora, membros do tecido asociativo de Moeche, representantes da hostalaría da comarca e responsables de Lácteos Moeche. Por xentileza desta firma -que colabora coa feira desde os seus inicios- varios establecementos servirán queixo de Moeche como petisco durante o sábado 16. Son o Trintaedous en Pontedeume, o Mesón Alfonso -zona Ultramar, Ferrol-, a Cafetería Platea -Amboage- e o Ábaco, na Magdalena. Os bares e restaurantes de Moeche farán o propio durante a xornada do domingo.

Relacionadas

Un incendio calcina dous vehículos nun garaxe da avenida da Maía, no concello de...

0
Os bombeiros do parque Provincial de Boiro desenvolven desde esta mañá un operativo destinado á extinción dun lume na avenida da Maia, en Bertamiráns,...

Unha trintena de nenas e nenos de Frades celebran o Nadal co mago Dani...

0
Unha trintena de nenas e nenos participaron na tradicional Festa de Nadal do Concello de Frades, celebrada no edificio multiúsos na tarde do pasado...

Remata a campaña da praza de abastos da Pobra premiando a outros sete clientes...

0
A campaña comercial orientada ao mercado municipal baixo o lema Volta o Nadal, voltan as Caramiñas finaliza tralo sorteo do importe da cea de...

O Concello afronta os últimos trámites para o comezo da renovación dos Cantóns coa...

0
As obras, propostas para adxudicar a Abeconsa e Canarga, comezarán no primeiro trimestre de 2025 O Concello da Coruña avanza nos trámites previos ao inicio...

Recepción na Alcaldía a Mauro Montero, campión de Europa sub 20 e do Euro...

0
O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, ofreceu hoxe unha recepción a Mauro Montero, fisioterapeuta da selección española de balonmán, coa que vén de acadar...

Formoso pon en valor “a rapidez e efectividade” dos bombeiros provinciais tras o incendio...

0
· González Formoso, o xerente do Consorcio, José Luis Barca, e a alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, visitaron hoxe o matadoiro comarcal, situado logo...

Publicacións Relacionadas