Home Tabeirós Cerdedo - Cotobade A Deputación destina preto de 100.000 euros para que Poio e Cerdedo-Cotobade...

A Deputación destina preto de 100.000 euros para que Poio e Cerdedo-Cotobade impulsen e melloren infraestruturas deportivas

- Anuncio -

Con estas achegas do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas ambos concellos realizarán obras para modernizar campos de fútbol municipais

A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar dúas axudas axuda do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que ascenden a 98.935 euros para os concellos de Cerdedo-Cotobade e Poio. Mentres que o primeiro sufragará o 100% do orzamento das obras de mellora nas instalacións do campo de fútbol As Estremas, Poio contará con 48.503 € para a reparación dos vestiarios do campo de fútbol da Seca.

No caso de Cerdedo-Cotobade, a obra xorde pola necesidade de modernizar as instalacións deste campo, situado na parroquia de Carballedo, con obras que se levarán a cabo na cantina, nos vestiarios almacén e sala de caldeiras, gradas e no mesmo campo de fútbol, onde se repararán, entre outros, as anclaxes das porterías, o muro de peche, ademais de proceder a instalar papeleiras de reciclaxe e pintar os pechamentos. Por outra banda, instalarase un novo pozo de barrena e executaranse novos alxibes.

Pola súa banda, o concello de Poio poderá modernizar e mellorar esta zona de vestiarios do complexo deportivo da Seca, formada por dous aseos e unha sala de trofeos, que actualmente se atopa en mal estado debido ao efecto das filtracións de auga que se producían a través das gradas que conforman o teito das estancias. Deste xeito aumentarase o número de vestiarios existente, habilitaranse espazos que non se empregan na actualidade debido ao seu mal estado e mellorarase a seguridade e accesibilidade a estas instalacións deportivas. Ademais, estes recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas para Poio súmanse aos 51.000 € xa aprobados para a construción do primeiro circuíto de pump track da vila, cos que se completa a contía máxima aprobada pola Deputación para o concello no marco deste plan.

O Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas está aberto aos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que aínda poden solicitar beneficiarse das súas axudas. Ata o momento, o Goberno provincial xa mobilizou preto de 500.000 euros dos 4 millóns de orzamento total, con achegas para Pazos de Borbén, Barro, Redondela, Crecente e Arbo, ademais das de Cerdedo-Cotobade Poio.

Relacionadas

A Deputación oferta esta semana dúas novas accións formativas dentro do programa SmartPeme

0
Os obradoiros, que se desenvolven de xeito telemático, centraranse en ciberseguridade e programación A Deputación de Pontevedra, a través do programa SmartPeme de asesoramento tecnolóxico...

A Deputación organiza no Museo de Pontevedra unha xornada sobre Alfredo García Alén, figura...

0
A actividade terá lugar o xoves 30 de maio no Edificio Castelao e nela abordarase a traxectoria vital de García Alén, a súa faceta...

A Deputación leva esta semana a Soutomaior as XX Xornadas de Xenealoxía, Heráldica e...

0
As xornadas terán lugar entre este martes, 21 de maio, e o xoves 23 na Sala do Tapiz do Castelo de Soutomaior e abranguen...

A Deputación leva ata Ponte Caldelas o programa “Aquí faltan páxinas” para afondar na...

0
A deputada de Igualdade, Sandra Bastos, abrirá o faladoiro este xoves 23 de maio, ás 19:00 horas, na Casa da Cultura da vila, e...

A Deputación organiza no seu Edificio Administrativo cursos de español gratuítos para que inmigrantes...

0
A deputada de Benestar Social, Sandra Bastos, inaugurará o luns 20 de maio, ás 16:00 horas, esta acción formativa na que van participar máis...

A Deputación celebra a integración do Museo de Pontevedra en CODART, unha rede de...

0
“Con esta noticia completamos unha semana de grandes avances liderados polo Museo de Pontevedra para converter á provincia no epicentro cultural internacional”, remarcou o...

Publicacións Relacionadas