Home A Coruña A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos de...

A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos de varios ríos ao seu paso polo concello de Vimianzo

- Anuncio -

― Os treitos obxecto das intervencións suman unha lonxitude total de 8.000 metros, ao paso polas parroquias de Cambeda, Vimianzo e Calo

― As tarefas consisten na roza e na retirada de árbores e biomasa na canle para evitar atoamentos

― Os traballos permiten a mellora dos leitos fluviais para favorecer as condicións naturais do ecosistema dos ríos

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, está a executar actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos de varios ríos ao seu paso polo concello de Vimianzo.

Estas tarefas desenvólvense nunha lonxitude total de preto de 8.000 metros, nas parroquias de Cambeda, Calo e Vimianzo.

Os traballos céntranse na roza puntual e selectiva e na retirada de árbores e biomasa presente na canle para evitar atoamentos.

Unha vez finalizadas estas actuacións, os treitos de ríos quedarán despexados de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.

Augas de Galicia desenvolve estas accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa e nas súas zonas de acceso e protección.

Estas intervencións permiten a mellora dos leitos fluviais para favorecer as condicións naturais do ecosistema dos ríos

Relacionadas

Ángeles Vázquez pon en valor o esforzo de Augas de Galicia por reducir a...

0
O orzamento para o vindeiro ano do organismo de conca autonómico inclúe un ambicioso programa de acción que permite abordar os retos actuais e...

A xestión galega do Camiño de Santiago, referente nun Congreso Internacional no marco do...

0
Turismo de Galicia participa en Barcelos neste encontro na procura de sinerxías na Eurorrexión para afrontar os retos turísticos do futuro e o Xacobeo...

Carral repartirá 2.000 euros en premios durante a súa campaña de comercio de Nadal

0
• A iniciativa estará en marcha entre o 12 de decembro e o 12 de xaneiro de 2025 baixo o lema ‘Volve a Carral...

Aberto o prazo de inscrición nos talleres e percorridos guiados no Castelo de San...

0
As actividades, que forman parte da programación de Nadal, celebraranse os sábados e domingos do período festivo O Concello da Coruña abriu este mércores o...

O BNG reitera a solicitude de apertura do apeadoiro de Boedo despois de que...

0
O Deputado nacionalista no Congreso, Néstor Rego, trasladou novamente a solicitude ao Goberno español. Trala primeira pregunta do BNG no Congreso, o Goberno de España...

Cariño celebrará este domingo unha dobre sesión de cinema dentro da súa programación especial...

0
• Haberá unha sesión destinada ao público infantil e outra para o público adulto. • Ambas as sesións celebraranse na Casa da Cultura e terán...

Publicacións Relacionadas