Home A Coruña Bergondo celebrará o II Día do Deporte o sábado 6 de abril...

Bergondo celebrará o II Día do Deporte o sábado 6 de abril no albergue de Gandarío

- Anuncio -

· Durante toda a xornada haberá exhibicións e eventos participativos de case 20 disciplinas.

· Escalada, tiro con arco, parkour e skate, voley, tenis, minigolf ou kaiak serán algunhas das modalidades que os interesados poderán probar.

· É posible anotarse, de forma gratuíta, ata o 1 de abril ou de forma presencial ese mesmo día.

O Concello de Bergondo organiza, o sábado 6 de abril, a segunda edición do ‘Día do deporte en Bergondo’, unha xornada na que veciños e veciñas poderán probar case unha vintena de disciplinas e asistir a diferentes exhibicións.

O Albergue de Gandarío de Bergondo será o lugar no que se desenvolverá esta iniciativa, que xa foi un éxito o ano pasado. Ás 12:00 horas abriranse as portas, con demostracións de disciplinas como o kajukenbo (arte marcial), ximnasia rítmica, ciclismo, atletismo, baloncesto e salvamento acuático, que se celebrarán durante toda a xornada

Todos e todas aqueles que se animen a participar, ademais de asistir ás exhibicións, poderán probar ata 13 disciplinas deportivas: escalada, tiro con arco, triciclos, parkour e skate, voley, tenis, bádminton, florball, kin-ball, goal-ball, minigolf, kaiak e diferentes xogos populares. Ademais, tamén se poderá levar a bici.

O horario será de 12:00 a 14:00 e de 15:30 a 18:00 horas. No espazo de descanso, de 14:00 a 15:30 horas, repartiranse, totalmente gratis, callos, pizza e froita para todos e todas as participantes. Tamén se poderá levar comida ás zonas habilitadas do albergue de Gandarío.

O proceso para participar péchase o luns 1 de abril ás 14:00 horas. Para asegurar a praza con antelación é necesario cubrir o formulario que aparece na seguinte dirección: II Día do Deporte en Bergondo.

Con todo, existe a posibilidade de inscribirse o mesmo día da actividade no espazo situado a tal fin, cubrindo a solicitude de participación. Como dato a ter en conta, todos os menores de 14 anos deberán estar acompañados por unha persoa adulta responsable do menor ou a menor.

Para desenvolver esta iniciativa, colaboran o CBM Oleiros; o Club Salvamento Sada; o Club Rítmica Ausarta; o Club Ciclista Skapaos; a Asociación Cultural, Recreativa e Deportiva de Boxing As Mariñas; o Club Atlético Bergondo; a APA “As Mariñas” do CPI Cruz do Sar e Protección Civil de Bergondo.

Relacionadas

Tres citas en San Sadurniño con motivo das Letras Galegas

0
A poeta Yolanda Castaño participará o mércores nun encontro literario arredor da figura de Luísa Villalta, protagonista do 17 de Maio Poeta, narradora, dramaturga, ensaísta,...

O Concello da Pobra emite informe desfavorable á declaración de interese autonómico para o...

0
A solicitude de declaración de interese autonómica para o proxecto de ampliación de Escurís S.L. formulada pola corporación Jealsa tradúcese nun informe desfavorable por...

O alcalde e a deputada provincial de infraestructuras viarias analizan na Laracha as actuacións...

0
O rexedor trasladoulle a plena disposición de colaborar entre administracións para beneficio xeral da cidadanía. A deputada provincial responsable das áreas de Infraestruturas Viarias e...

O concello festexará as Letras Galegas con unha ampla programación municipal

0
Tamén haberá espectáculos infantís e protagonismo para as clausuras de cursos do programa cultural municipal. O Concello presenta a programación municipal que se vai realizar...

O venres ábrese a inscrición para participar en “Xogade coas motos” O 25 de...

0
A actividade é organizada por VFM Motoclub co apoio do Concello, a Secretaría Xeral para o Deporte e a Federación Galega de Motociclismo. Este venres...

O concerto “Los 40 Santiago Pop” e a orquestra Panorama abren as Festas da...

0
As festas compostelás por excelencia arrancarán mañá co concerto de "Los 40 Santiago Pop" que reunirá na praza da Quintana a partir das 21:00...

Publicacións Relacionadas