Home Ourense O Carballiño Moción do Partido Popular sobre a prevención de incendioos forestais no concello...

Moción do Partido Popular sobre a prevención de incendioos forestais no concello de Carballiño

- Anuncio -

José Castro-Gil Seijas, Elvira Torres González, Diana González Fumega, e Miguel Fernández Castro, en representación do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello do Carballiño, ó abeiro do disposto no artigo 27 do Regulamento de Organización Municipal presenta, ante o Pleno da Corporación, a seguinte MOCIÓN para o seu debate no seguinte Pleno que se celebre: 

INTRODUCCIÓN 

A prevención de incendios forestais é unha prioridade para protexer os nosos pobos do medio rural , os nosos bosques e o noso entorno natural. Temos no verán unha época de alto risco e unhas zonas forestais nas que debemos actuar antes desta época de risco. 

A silvicultura preventiva, que consiste en controlar e ordenar os combustibles vexetais reducindo a combustibilidade das estruturas vexetais, é fundamental na prevención de incendios. 

Os plans de prevención e defensa contra incendios anuais teñen medidas específicas para o entorno periurbano de entidades locais. 

A educación e concienciación son fundamentais dende nenos. A prevención comeza na educación. É fundamental concienciar á poboación sobre prácticas en áreas forestáis en épocas de risco. 

EXPLOSIÓN DE MOTIVOS: 

– Que ante a pronta chegada da época de lumes e a pouca prevención contra o lume que se fai neste Concello nos anos anteriores. 

– Ante a falla de Planificación polo Concello, sempre ten problemas co Convenio de debroces coa Consellería do Medio Rural. 

– O abandono das zonas rurais por parte do Concello, en especial as rozas de franxas secundarias.  

– Non ter brigada municipal nin Motobomba conveniada coa Xunta. 

– A desfeita das presas nos ríos, con falla de mantemento que provoca unha merma na capacidade de embalsar auga, moi importante nestes períodos de seca. 

– A falla de limpeza nos ríos, con restos de árbores e cauces abandonados. 

Polo que solicitamos : 

• Que as brigadas e tractores do Concello empecen na primavera co desbroce e limpeza de árbores no rural nas faixas secundarias de competencia municipal. 

• Que o Concello presente en tempo e forma o Plan de actuacións Previas coa Xunta de Galicia 

Que nos posteriores Convenios coa Xunta se convenien brigadas municipais de desbroce e extinción de lumes forestais e motobombas, como fan casi todos os Concellos da Comarca. • Tramitar coa Confederación o arranxo das Presas e leitos dos ríos do Concello

Relacionadas

Luis Menor e Lete Lasa revisan no Pazo Provincial proxectos en infraestruturas deportivas

0
O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, e o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, mantiveron hoxe unha xuntanza no...

Máis de 700 escolares celebraron o Día das Letras Galegas na Praza Maior, nun...

0
Alumnado dos colexios da cidade rendeulle homenaxe ás letras e á poeta homenaxeada, a través de cancións, bailes, poesías e manifestos Máis de 700 escolares...

O Partido Popular de Ourense conmemora o Día das Letras Galegas poñendo en valor...

0
O Partido Popular de Ourense celebrou esta tarde un acto para conmemorar o Día das Letras Galegas, ao carón do monumento do escritor ourensán...

A Xunta de Goberno Local aprobou 24 acordos na súa sesión ordinaria desta semana

0
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou 24 acordos na súa sesión ordinaria desta semana, que se desenvolveu esta mañá no...

A XV BTT de Maceda – Copa Deputación reunirá ao redor de 250 participantes

0
O asesor de Deportes da Deputación, Quique Álvarez, participou hoxe en Maceda, na presentación da XV BTT de Maceda – Copa Deputación que se...

O escultor ourensán Xosé Cid presenta o catálogo “Silencio e materia” que recompila os...

0
O director da Área de Cultura e Deporte da Deputación, Marcos Vázquez, participou hoxe na presentación deste catálogo no Centro Cultural Marcos Valcárcel, onde...

Publicacións Relacionadas