Home O Ribeiro Castrelo de Miño A Deputación colabora co “Open Primavera de Remo” que se disputará en...

A Deputación colabora co “Open Primavera de Remo” que se disputará en Castrelo de Miño para xuvenís, sub-23 e paralímpicos

- Anuncio -

O vicepresidente segundo da Deputación e deputado de Deportes, César Fernández, participou hoxe no Club Náutico de Castrelo de Miño, na presentación da “Open Primavera de Remo” que se disputará os días 23 e 24 de marzo en Castrelo de Miño. Trátase dunha regata de acceso ao equipo nacional que servirá como criterio de selección para formar parte dos equipos nacionais que participarán nas regatas internacionais de 2024.

Castrelo de Miño reunirá aos mellores deportistas xuvenís, sub-23 e paralímpicos que terán que medirse para optar a entrar nos grupos de preparación da selección española. Máis de 300 deportistas de toda a xeografía española procedentes de 35 clubs diferentes disputarán esta proba selectiva. Entre os clubs inscritos atópanse 10 galegos que traerán aos deportistas máis destacados.

A competición comezará o 23 de marzo pola mañá coas rondas eliminatorias, e o domingo disputaranse as finais. A entrega das medallas está prevista que se realice o domingo, 24 de marzo, a partir das 13.30 horas.

Trátase da terceira regata nacional da tempada que ten lugar en Castrelo de Miño baixo a organización da Federación Española de Remo, Federación Galega de Remo e o Club Náutico Castrelo de Miño, coa colaboración da Deputación de Ourense e do Concello de Castrelo de Miño.

Á presentación tamén asistiu o vicepresidente da Federación Española de Remo, Ricardo Unzueta; o vicepresidente da Federación Galega de Remo, Miguel Balsa; o alcalde e o concelleiro de Deportes de Castrelo de Miño, Avelino Pazos e José Antonio Ferreiro, respectivamente; o xefe do servizo de Deportes da Xunta en Ourense, Manuel Pérez; e a presidenta do Club Náutico Castrelo de Miño, Beatriz Alberte.

Relacionadas

A Deputación de Ourense propón no Congreso Internacional de Termalismo de Archena un “programa...

0
O presidente #Luis Menor solicitou a colaboración doutras administracións, vilas termais e instalacións balnearias para ofertar un volume suficiente de prazas “e así chegar...

O PP de Ourense pon en marcha a súa campaña con motivo do 25N...

0
● A vicesecretaria de Igualdade, Elena Freijedo, recalca que con esta acción, os populares ourensáns “queremos poñernos do lado das mulleres vítimas de violencia,...

A execución da senda peonil á altura do Parque Barbaña obriga ao traslado provisional...

0
O postos de venda ambulante instalaranse no entorno da Praza de Abastos - rúas Tras Alameda, e baixada da Praza a carón do Rianxo...

A Deputación aposta polo baloncesto veterano federado co Torneo DepOUbasKet Másters +35

0
Xogadores e xogadoras da provincia e convidados de toda Galicia disputarán no Pazo Paco Pac mañá sábado, 23 de novembro, esta nova cita da...

A Xunta pon de relevo nos XIII Premios de AJE Ourense a estratexia de...

0
― O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e a directora-xerente de...

A Xunta impulsa medidas pioneras para a retencion e a atracción de talento para...

0
— José González destaca a fortaleza, a perseveranza e o compromiso desta entidade ao longo do seu case medio século de traxectoria, poñéndoa en...

Publicacións Relacionadas