Home A Coruña O Roncudo volverá a ser o inigualable escenario da Popular, que chega...

O Roncudo volverá a ser o inigualable escenario da Popular, que chega á súa cuarta edición o domingo 28 de abril

- Anuncio -

 A proba deportiva do Concello de Ponteceso acada a súa cuarta edición e consolídase no calendario

 As inscricións para todas as categorías xa están abertas ata o 25 de abril

A Popular Faro Roncudo aséntase no calendario da localidade. O domingo 28 de abril regresa a proba deportiva, que na súa cuarta edición ofrecerá a posibilidade de desfrutar do ‘running’ nunha paraxe inigualable: o camiño que vai desde a Praza da Ribeira ao Faro Roncudo.

A 4ª Popular Faro Roncudo foi presentada onte no Salón de Plenos do Concello de Ponteceso pola edil de Deportes, Raquel Fondo, e o concelleiro de Seguridade, Servizos e Emerxencia e o responsable da seguridade viaria da proba, Juan Ramón Vidal. Xunto a eles estiveron a técnica de Deportes, Remedios Varela, e a monitora deportiva Noelia Leis, ademais de representantes das asociacións Abellariza e Vidú, colaboradoras na organización xunto ao Concello de Ponteceso.

Ás 11:30 horas arrincará a carreira absoluta, na que os participantes disporán dunha hora para pechar o traxecto desde a Praza da Ribeira ata o faro Roncudo en ida e volta. En total son 6.200 metros que se irán adaptando ás categorías inferiores, que correrán por quendas -de maiores a pequenos- a partires das 12:40. Ás 13:15 horas comezará a entrega de premios.

O prazo de inscrición para a carreira xa está aberto e poderá facerse a través da páxina web de Carreiras Galegas (https://www.carreirasgalegas.com/events/iv-popular-faro-roncudo/L6lZEMj1). Apuntarse -con data límite o 25 de abril- é imprescindible para poder participar nunha proba cuxo control técnico será responsabilidade da Delegación da Coruña da Federación Galega de Atletismo. A retirada de dorsais farase o mesmo día da praza na praza da Ribeira.

Quen serán os herdeiros de Amador Pena e Inés Pampín, gañadores da edición anterior con tempos de 21’34” e 24’40”? Xa falta menos para descubrilo.

Relacionadas

O Concello avanza na incorporación dos recoñecementos do acto Alba de Compostela no Regulamento...

0
A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, tamén deu conta esta mañá en rolda de prensa da solicitude enviada á Xunta para a convocatoria dunha...

A escolas infantís de Oleiros dispoñen de prazas vacantes en todos os cursos, agás...

0
A escolas infantís de Oleiros dispoñen de prazas vacantes en todos os cursos, agás no nivel 1-2 Publicadas as listaxes de admisión nas escolas infantís...

Grave ofensa da voceira do PSOE de Oleiros ás miles de persoas que participan...

0
O Goberno municipal lamenta as insultantes declaracións no pleno municipal da voceira do PSOE de Oleiros cualificando a Romaría das Merendiñas de “pouco democráticas”...

A décima edición da Noite Branca da Coruña homenaxea ás familias acolledoras no Día...

0
A alcaldesa, Inés Rey, interviu na apertura do evento organizado pola Asociación Zona Comercial Obelisco, que se estenderá ata as 00.00 horas con actuacións...

A Coruña emprende un proxecto de cooperación con Dakar a través das Bibliotecas Municipais

0
O Concello dotará a unha escola de Yoff-Dakar dunha biblioteca, en colaboración coa ONG Ecodesarrollo Gaia, adquirindo fondos bibliográficos e formando a 15 persoas...

O alumnado do CPI de San Sadurniño iníciase na escalada e aprende máis cousas...

0
25 alumnas e alumnos de 3º da ESO do CPI San Sadurniño participaron esta mañá nas Penas do Rei Mouro, en Igrexafeita, nunha actividade...

Publicacións Relacionadas