Home Pontevedra Caldas A Deputación analiza os desafíos e oportunidades da comarca de Caldas de...

A Deputación analiza os desafíos e oportunidades da comarca de Caldas de Reis para incorporar na Axenda Urbana e Rural da Provincia de Pontevedra

- Anuncio -

A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, inaugurou este mércores a mesa de traballo sobre a Axenda Rural e Urbana da Provincia na que participaron rexedores, concelleiros, técnicos e representantes do tecido asociativo da comarca de Caldas

“Unha das calidades que define a este goberno da Deputación é a súa vocación municipalista. Queremos escoitar as vosas demandas e necesidades para planificar a folla de ruta para o futuro da nosa provincia”, asegurou a deputada provincial

A Deputación de Pontevedra segue a avanzar na Axenda Rural e Urbana da Provincia de Pontevedra (AUPO 2030) e acaba de celebrar a mesa de traballo correspondente á comarca de Caldas, tras pasar xa por Pontevedra, Vigo, O Morrazo e O Deza. A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo foi a encargada de inaugurar esta xornada na que puxo en valor a aposta da institución provincial para acadar os obxectivos de sustentabilidade recollidos na Axenda 2030 e construír un novo modelo para Pontevedra.

Nun acto no que estiveron presentes rexedores e concelleiros da comarca de Caldas, técnicos e profesionais da administración local e representantes do tecido asociativo desta área, a deputada reiterou a vocación “municipalista” da Deputación. “É fundamental tender pontes a través do debate e do intercambio de visións” porque “todos vós facedes provincia”, remarcou Isabel Couselo. “Por iso poñemos en marcha este amplo proceso participativo, para escoitar as vosas demandas e necesidades e, así, planificar a folla de ruta para o futuro da nosa provincia a través dun proxecto conxunto e compartido”, asegurou a deputada.

A Axenda Rural e Urbana da Provincia de Pontevedra trátase dunha estratexia transversal que recolle os desafíos que debe afrontar a provincia así como as oportunidades que ten para impulsar, deste xeito, un novo modelo de desenvolvemento urbano e rural. O obxectivo principal é converter a Pontevedra nun lugar máis resiliente, inclusivo e seguro, que aposta pola sustentabilidade no económico, social e medioambiental, que coida da súa veciñanza e ofrece servizos de calidade en todo o seu territorio.

Relacionadas

A Deputación leva ata Ponte Caldelas o programa “Aquí faltan páxinas” para afondar na...

0
A deputada de Igualdade, Sandra Bastos, abrirá o faladoiro este xoves 23 de maio, ás 19:00 horas, na Casa da Cultura da vila, e...

A Deputación organiza no seu Edificio Administrativo cursos de español gratuítos para que inmigrantes...

0
A deputada de Benestar Social, Sandra Bastos, inaugurará o luns 20 de maio, ás 16:00 horas, esta acción formativa na que van participar máis...

A Deputación celebra a integración do Museo de Pontevedra en CODART, unha rede de...

0
“Con esta noticia completamos unha semana de grandes avances liderados polo Museo de Pontevedra para converter á provincia no epicentro cultural internacional”, remarcou o...

A Deputación de Pontevedra abre no Palacete das Mendoza a exposición “Música e pintura”...

0
A mostra do artista coruñés poderá visitarse na sede de Turismo Rías Baixas ata o vindeiro 2 de xuño A Deputación de Pontevedra acaba de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este sábado a Bueu co concerto de...

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este domingo a Rodeiro con Boyanka Kostova

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

Publicacións Relacionadas