Home Pontevedra Caldas O alcalde Ricardo Martínez e membros da corporación participan nos actos lúdicos...

O alcalde Ricardo Martínez e membros da corporación participan nos actos lúdicos e relixiosos do San Benito de Lantaño

- Anuncio -

As excelentes condicións metereolóxicas animaron a participación de devotos e visitantes que se achegaron ata a igrexa parroquial

O alcalde de Portas, Ricardo Martínez, e as concelleiras Ana Peña e Chus Fontán participaron nos eventos lúdicos e relixiosos celebrados esta mañá con motivo das Festas de San Benito de Lantaño onde as boas condicións metereolóxicas favoreceron a gran afluencia de devotos e visitantes que ateigaron as inmediacións da igrexa parroquial.

As misas comezaron ás 8 da mañá e foron celebrándose de hora en hora ata chegar as 13 horas momento en que tivo lugar a Misa Solemne que contou coa presenza do alcalde, Ricardo Martínez. Unha vez rematado o oficio tivo lugar a tradicional procesión que estivo moi concurrida e foi acompañada polos acordes da Banda de Música Unión de Lantaño.

Como vén sendo habitual os devotos de San Benito foron achegando ao longo da xornada as súas ofrendas e donativos para o santo que posteriormente foron obxecto dunha poxa que resultou tamén moi activa e participativa por parte do público presente.

Nas inmediacións da igrexa parroquial de San Pedro de Lantaño instaláronse tamén os tradicionais postos de cerereiría, polbo á feira e churrasco así como rosquilleiras que ambientaban coa súa presenza este evento relixioso con grande participación de devotos e visitantes.

Pola noite, a Comisión de Festas ten previsto comezar a verbena ás 21 horas e correrá a cargo da coñecida orquestra Unión y Fuerza.

Os membros da Comisión de Festas agradeceron a colaboración do Concello de Portas, os establecementos comerciais que axudan económicamente á organización desta actividade lúdica e relixiosa e tamén á Comunidade de Montes de Lantaño e a Protección Civil de Portas.

O alcalde, Ricardo Martínez felicitou á Comisión de Festas pola organización deste ano e tamén por “manter vivas unhas tradicións que nos identifican como pobo ao tempo que dinamizan as nosas zonas e lugares rurais desde un punto de vista cultural e social”, sinalou o rexidor.

Relacionadas

A Deputación oferta esta semana dúas novas accións formativas dentro do programa SmartPeme

0
Os obradoiros, que se desenvolven de xeito telemático, centraranse en ciberseguridade e programación A Deputación de Pontevedra, a través do programa SmartPeme de asesoramento tecnolóxico...

A Deputación organiza no Museo de Pontevedra unha xornada sobre Alfredo García Alén, figura...

0
A actividade terá lugar o xoves 30 de maio no Edificio Castelao e nela abordarase a traxectoria vital de García Alén, a súa faceta...

A Deputación leva esta semana a Soutomaior as XX Xornadas de Xenealoxía, Heráldica e...

0
As xornadas terán lugar entre este martes, 21 de maio, e o xoves 23 na Sala do Tapiz do Castelo de Soutomaior e abranguen...

A Deputación leva ata Ponte Caldelas o programa “Aquí faltan páxinas” para afondar na...

0
A deputada de Igualdade, Sandra Bastos, abrirá o faladoiro este xoves 23 de maio, ás 19:00 horas, na Casa da Cultura da vila, e...

A Deputación organiza no seu Edificio Administrativo cursos de español gratuítos para que inmigrantes...

0
A deputada de Benestar Social, Sandra Bastos, inaugurará o luns 20 de maio, ás 16:00 horas, esta acción formativa na que van participar máis...

A Deputación celebra a integración do Museo de Pontevedra en CODART, unha rede de...

0
“Con esta noticia completamos unha semana de grandes avances liderados polo Museo de Pontevedra para converter á provincia no epicentro cultural internacional”, remarcou o...

Publicacións Relacionadas