Home O Salnés Meis Marta Lucio indica que a alcaldesa segue mentindo aos pais e nais...

Marta Lucio indica que a alcaldesa segue mentindo aos pais e nais coas obras da escola infantil de Mosteiro

- Anuncio -
  • “É intolerable que teña a desfachatez de primeiro ter anunciado o peche da escola sen telo analizado e consensuado nin coa Consellería nin cos pais e nais afectados, logo diga que tiña unha reunión pedida coa Consellería de Política Social, cando era mentira”,  lamentou a voceira popular.
  • Marta Lucio indicou que sorpresivamente, a alcaldesa púxose en contacto coa Consellería 4 días despois de que o PP de Meis denunciase que estaba mentindo, xa que o Concello non se tiña posto en ningún momento en contacto con ninguén da Xunta.

A voceira do Grupo Municipal do PP de Meis, Marta Lucio, lamentou hoxe que a alcaldesa siga mentindo nun asunto tan serio para as familias afectadas, como son as obras da escola infantil de Mosteiro. Primeiro decide de maneira unilateral, sen analizalo e consensualo coa Consellería de Política Social nin cos pais e nais dos nenos afectados, o peche da escola polas obras que se van a levar nas súas instalacións, grazas a unha subvención da Deputación de Pontevedra para melloras da eficiencia enerxética e a creación dunha nova aula.

“É intolerable que teña a desfachatez de primeiro ter anunciado o peche da escola sen buscar unha solución, logo diga que tiña unha reunión pedida coa Consellería de Política Social, cando era totalmente mentira, pero sorpresivamente, logo de que dende o PP de Meis denunciásemos que estaba mentindo, púxose en contacto coa consellería 4 días despois, xa que dende o Concello non se tiña posto en ningún momento en contacto con ninguén da Xunta”, lamentou a voceira popular.

“Menos mal que dende o PP de Meis estamos vixiantes, porque agora parece que unha vez pedida a reunión, os técnicos da Xunta deron as pautas que ten que seguir, cumprindo unhas normas e non facendo o que lle de a gana. Resulta esperpéntico que incluso tivera a desfachatez de emitir un bando para recomendarlles aos país e nais que que soliciten plaza noutro centro para o vindeiro curso”, explicou Lucio.

“É complemente intolerable que se chegue a este punto de tanta torpeza nun asunto tan importante para as familias como é que os seus fillos e fillas poidan acudir á escola infantil. Agora a ver que plan presenta á consellería e a ver en que condicións se fai a obra”, lamentou Marta Lucio.

A voceira popular lembrou que o pasado mes de novembro, o presidente da Deputación de Pontevedra asinou un convenio de colaboración coa alcaldes de Meis, Marta Giráldez, a través do cal o goberno provincial financiará con 400.000 euros, o 85 % do orzamento, os traballos para a mellora da eficiencia enerxética e creación dunha nova aula na escola infantil de Mosteiro.

Relacionadas

A Deputación oferta esta semana dúas novas accións formativas dentro do programa SmartPeme

0
Os obradoiros, que se desenvolven de xeito telemático, centraranse en ciberseguridade e programación A Deputación de Pontevedra, a través do programa SmartPeme de asesoramento tecnolóxico...

A Deputación organiza no Museo de Pontevedra unha xornada sobre Alfredo García Alén, figura...

0
A actividade terá lugar o xoves 30 de maio no Edificio Castelao e nela abordarase a traxectoria vital de García Alén, a súa faceta...

A Deputación leva esta semana a Soutomaior as XX Xornadas de Xenealoxía, Heráldica e...

0
As xornadas terán lugar entre este martes, 21 de maio, e o xoves 23 na Sala do Tapiz do Castelo de Soutomaior e abranguen...

A Deputación leva ata Ponte Caldelas o programa “Aquí faltan páxinas” para afondar na...

0
A deputada de Igualdade, Sandra Bastos, abrirá o faladoiro este xoves 23 de maio, ás 19:00 horas, na Casa da Cultura da vila, e...

A Deputación organiza no seu Edificio Administrativo cursos de español gratuítos para que inmigrantes...

0
A deputada de Benestar Social, Sandra Bastos, inaugurará o luns 20 de maio, ás 16:00 horas, esta acción formativa na que van participar máis...

A Deputación celebra a integración do Museo de Pontevedra en CODART, unha rede de...

0
“Con esta noticia completamos unha semana de grandes avances liderados polo Museo de Pontevedra para converter á provincia no epicentro cultural internacional”, remarcou o...

Publicacións Relacionadas