Home Pontevedra Caldas A Deputación destina 80.000 euros para que Catoira e Meis impulsen e...

A Deputación destina 80.000 euros para que Catoira e Meis impulsen e melloren as súas infraestruturas deportivas municipais

- Anuncio -

Con estas achegas do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas Catoira acometerá obras no campo de fútbol As Lombas e Meis no da Armenteira

A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar  axudas ao Concello de Catoira e ao Concello de Meis ao abeiro do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas por un importe total de máis de 80.000 euros. Ata o momento, o Goberno provincial xa mobilizou 770.000  euros dos 4 millóns de orzamento total do plan, que se abriu a todos os concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia. Polo de agora aprobáronse recursos para Pazos de Borbén, Barro, Cerdedo-Cotobade, Redondela, Poio, Arbo, Crecente, Marín, Cangas, Salceda de Casela, Catoira e Meis.

O Concello de Catoira recibe unha achega de 36.587,29 euros deste Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas para o proxecto para dotar o campo de fútbol As Lombas de novos vestiarios e aseos. Os servizos actuais atópanse baixo a grada, están en mal estado e teñen practicamente imposibilitado o acceso a persoas con mobilidade reducida por accesibilidade e dimensións. Os novos aseos e vestiarios, masculinos e femininos, situaranse nun bloque de nova construción na zona norte das gradas, a carón dos vestiarios actuais. De feito, aproveitaranse as instalacións de fontanería, saneamento, ventilación e electricidade xa existentes para a nova construción. A Deputación financia integramente esta actuación, valorada en preto de 59.000 euros, financiando o importe restante a través do Plan +Provincia.

No caso do Concello de Meis, a achega da Deputación alcanza un total de 43.688,22 € e ten por obxecto un fin similar ao de Catoira: a adecuación dos vestiarios do campo de fútbol do Leixo, na Armenteira. A actuación permitirá ampliar o vestiario nun espazo onde fai anos se chegou a iniciar unha reforma que nunca finalizou e, ademais, permitirá que tamén poida ser empregado por ciclistas. As obras inclúen actuacións de albanelería exterior e interior, instalación eléctrica, iluminación e fontanería, e tamén se ampliará lixeiramente o ancho da beirarrúa de acceso, que pasará dos 1,5 metros actuais aos 1,8 metros. Esta achega permite financiar o 100% do proxecto.

Relacionadas

O BNG pide inspeccións e unha ordenanza que regule o avance descontrolado dos pisos...

0
A fronte nacionalista esixe que o Goberno local actúe dunha vez para frear esta “ameaza ultraespeculativa”, un dos principais obstáculos para acceder a unha...

A Deputación abre a partir deste mércores o período voluntario de pago de taxas...

0
O ORAL encargarase da xestión e recadación dun total de 60 conceptos de taxas de 30 concellos da provincia, que se poderán pagar en...

A Deputación converte a creación contemporánea e a reivindicación de figuras e iniciativas culturais...

0
Rafa Domínguez: “A programación está marcada pola recuperación da Bienal, un acontecemento moi importante desde o punto de vista artístico, cultural e turístico” Xunto á...

A Deputación presenta ante centos de persoas en Moraña e A Lama os programas...

0
O deputado provincial de Acción Comunitaria, Javier Tourís, reuniuse co movemento asociativo e veciñal de Moraña e A Lama para dar a coñecer as...

Charla informativa sobre acollemento familiar no Centro Cultural Municipal do Porriño

0
• Será este xoves, 6 de febreiro, ás 18.00 horas Estás pensando en acoller pero non tes claro como facelo? Non sabes en que consiste...

A corporación municipal aproba por unanimidade instar á Xunta de Galicia a convocar a...

0
• Tamén saíron adiante outras mocións relativas ao cauce do río Bispo, a construción dun módulo para embarcacións de remo e outra da celebración...

Publicacións Relacionadas