Home Pontevedra A Paradanta XXVIII Arbomostra na Festa da Lamprea 2024

XXVIII Arbomostra na Festa da Lamprea 2024

- Anuncio -
  • En paralelo coa Festa da Lamprea, desde hai vinteseis anos o Concello de Arbo, organiza a “Feira Agroindostrial e Artesanal da Bisbarra do Condado-Paradanta “ARBOMOSTRA””, que permanece aberta desde o venres ata o domingo.
  • O 26, 27 e 28 de Abril tes unha cita en Arbo na Carpa Arbomostra.

A última fin de semana de abril (26, 27 e 28 de abril), os hostaleiros, adegueiros e habitantes do concello de Arbo celebran a súa festa por excelencia,  que atrae a visitantes de todas partes e que esta recoñecida co titulo de Festa de Interese Turístico Internacional. Trátase da ‘Festa dá Lamprea’, que en este ano 2024 cumpre 64 anos. Nela os restaurantes da zona fan gala da súa boa man cociñándoa por exemplo ‘á  arbense’, no seu propio sangue, que é unha das receitas máis soadas e consumidas.

Arbomostra

Arbomostra, escenario central da Festa da Lamprea abrirá as súas portas coa inauguración programada para o venrés 26 de abril ás 17:30 horas e   contará coa presenza de stand de artesanía, produtos  da comarca,  degustación de lamprea nas súas distintas variedades da man dun restaurante Arbense maridada cos viños das adegas con D.O Rias Baixas e ao mesmo tempo  maiores e pequenos gozan dunha ampla e variada programación cultural.

En  Arbomostra, durante os días 26, 27 e 28 de  Abril, os visitantes na carpa de ‘ Arbomostra’,  feira agroindustrial, poderán degustar durante estes tres días, a  lamprea ao estilo ‘ arbense’ e a  lamprea seca nas súas distintas formas de preparación acompañada polos viños das adegas de Arbo, que teñen a súa representación na Carpa. Quizá sexan as  viñas, ou os  arbenses, ou os recunchos do Miño ao seu paso por esta localidade o que fai que a  lamprea volva unha e outra vez ás súas augas… Informa o alcalde do Concello de Arbo- Horacio Gil

O ano pasado, pola Arbomostra pasaron máis de 40.000 persoas, durante os tres días e persoaxes do mundo do deporte, dos medios de comunicación, creadores de contidos e incluso políticos a nivel nacional, quixeron degustar a afada lamprea e os recoñecidos viños das adegas de Arbo, que alí donde van son galardonados con premios de excelencia.

Programación Arbomostra

Durante os tres días, ademáis de degustar a Lamprea e o viño das adegas de Arbo dentro de Arbomostra, o Concello de Arbo ten programado concertos e actuación durante os tres días, dentro de este espazo de degustación:

VENRES 26  DE ABRIL

17:30 h. Inauguración oficial de ARBOMOSTRA 2024. De 18.00h. a 24.00 h. Visitas a ARBOMOSTRA

20:00 h. Actuación do grupo “PRYSMA” na carpa ARBOMOSTRA

SÁBADO 27 DE ABRIL

De 11:00 h. a 24:00 h. Visitas a ARBOMOSTRA 2023

13:30 h. Actuación do grupo “A BANDA DO SEQUÍO” na carpa ARBOMOSTRA

20:00 h. Actuación do grupo “MEL DE MEIGA”, na carpa ARBOMOSTRA

DOMINGO, 28 DE ABRIL

De 11:00 h. a 24:00 h. Visitas a ARBOMOSTRA 2023

13:30 h. Actuación do grupo “O SON DAS TABERNAS”, na carpa ARBOMOSTRA

18.30 h. Actuación do grupo “TONICHI Y PACHECO”, na carpa ARBOMOSTRA

Relacionadas

A Deputación leva ata Ponte Caldelas o programa “Aquí faltan páxinas” para afondar na...

0
A deputada de Igualdade, Sandra Bastos, abrirá o faladoiro este xoves 23 de maio, ás 19:00 horas, na Casa da Cultura da vila, e...

A Deputación organiza no seu Edificio Administrativo cursos de español gratuítos para que inmigrantes...

0
A deputada de Benestar Social, Sandra Bastos, inaugurará o luns 20 de maio, ás 16:00 horas, esta acción formativa na que van participar máis...

A Deputación celebra a integración do Museo de Pontevedra en CODART, unha rede de...

0
“Con esta noticia completamos unha semana de grandes avances liderados polo Museo de Pontevedra para converter á provincia no epicentro cultural internacional”, remarcou o...

A Deputación de Pontevedra abre no Palacete das Mendoza a exposición “Música e pintura”...

0
A mostra do artista coruñés poderá visitarse na sede de Turismo Rías Baixas ata o vindeiro 2 de xuño A Deputación de Pontevedra acaba de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este sábado a Bueu co concerto de...

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este domingo a Rodeiro con Boyanka Kostova

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

Publicacións Relacionadas