Home Ourense A Limia A Deputación reafirma o seu compromiso co agro limiao cunha achega de...

A Deputación reafirma o seu compromiso co agro limiao cunha achega de 100.000 euros para a mellora do Camiño da Armada

- Anuncio -

O presidente provincial, Luis Menor, xunto ao conselleiro do Medio Rural en funcións, José González, e ao alcalde de Xinzo, Amador Díaz, detallaron en Xinzo as obras que se executarán nunha vía fundamental para dar saída á produción agroalimentaria da bisbarra

Con esta nova actuación demóstrase unha vez máis que tanto a Deputación como a Xunta “estamos comprometidos con facer desta comarca un referente do sector agrícola galego”, sinalou Luis Menor

A actuación conxunta das tres administracións implicadas permitirá levar a cabo o ensanche, a pavimentación e a instalación dunha nova rede de sumidoiros, así como a sinalización horizontal e vertical, cun investimento de 320.000 euros, achegados por Medio Rural (220.000) e a Deputación (100.000)

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, xunto ao conselleiro do Medio Rural en funcións, José González; e ao alcalde de Xinzo de Limia, Amador Díaz, visitaron hoxe a zona das futuras obras de acondicionamento e mellora do Camiño da Armada en Xinzo, unha vía fundamental para dar saída á produción agroalimentaria da bisbarra, en especial no que atinxe ao cereal.

Luis Menor lembrou que trala súa toma de posesión como presidente provincial, unha das súas primeiras visitas foi ao municipio de Xinzo de Limia onde se comprometeu a colaborar na mellora desta importante vía. Dito compromiso xa se materializou na primeira modificación de crédito aprobada no pasado mes de outubro cunha achega de 100.000 euros. “Demos solución en tempo récord a unha das demandas máis urxentes e necesarias que se nos trasladaron por parte do goberno municipal limiao”, recoñeceu o presidente provincial.

Con esta nova actuación demostramos unha vez máis que tanto a Deputación como a Xunta de Galicia “estamos comprometidos con facer desta comarca un referente do sector agrícola galego”, sinalou Luis Menor. Resaltou, así mesmo, que o Concello de Xinzo recibirá neste ano da Deputación de Ourense máis de 348.000 euros ao abeiro do Plan CooperOU.

Pola súa parte, o alcalde de Xinzo agradeceu “enormemente” a implicación da Xunta e da Deputación pola súa achega económica para arranxar esta pista. As obras comezarán a vindeira semana e tratarase de que rematen á maior brevidade posible dado o estado actual da vía, para facilitar así o tránsito dos vehículos agrícolas e pesados, tal e como anunciou o conselleiro do Medio Rural en funcións.

Estas obras de mellora permitirán rexenerar e ampliar o firme nun tramo de algo máis dun quilómetro deste camiño, mediante unha serie de actuacións, como o ensanche, a pavimentación e a instalación dunha nova rede de sumidoiros, así como de sinalización horizontal e vertical.

O orzamento das obras ascende a 320.000 euros, dos cales a Deputación achega 100.000 euros e a Consellería do Medio Rural 220.000 euros. O Concello, pola súa parte, porá a disposición os terreos e asumirá tamén a explotación e o mantemento das actuacións programadas.

Relacionadas

O vicepresidente Rafa Domínguez presenta “Unha árbore cae”, a publicación editada pola Deputación que...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de presentar no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra “Unha árbore cae”, a publicación editada...

A Deputación concede preto de 50.000 € a Ponte Caldelas para reparar o campo...

0
Trátanse de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que repartiu xa 2,5 millóns de euros entre os concellos de menos de 50.000 habitantes...

A Deputación celebra a inclusión dos xardíns da Estación Fitopatolóxica Areeiro na Ruta dos...

0
Trátase do segundo xardín da Deputación en formar parte deste percorrido promovido pola Xunta de Galicia, que xa incluía os do Castelo de Soutomaior Na...

Luis López avanza un apoio de 416.000 euros da Deputación ao Concello de Arbo...

0
O presidente provincial repasou co rexedor Horacio Gil os investimentos aprobados polo goberno provincial neste municipio, que supera o millón de euros grazas a...

A vicepresidenta Luisa Sánchez reivindica o papel clave da Deputación na construción de Europa...

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, reivindicou o papel clave da Deputación na construción de Europa desde o municipalismo no acto de...

Luis López destaca o compromiso da Deputación co galego nun encontro co presidente da...

0
O presidente recordou o apoio provincial para fomentar publicacións en galego como mostra do compromiso para seguir tendendo pontes pola defensa da lingua O presidente...

Publicacións Relacionadas