Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación aproba máis de 100.000 euros para realizar melloras nas infraestruturas...

A Deputación aproba máis de 100.000 euros para realizar melloras nas infraestruturas deportivas da Cañiza, Covelo e Fornelos de Montes

- Anuncio -

O Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas xa mobilizou máis de 930.000 euros entre os concellos da provincia

A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar axudas aos concellos da Cañiza, Covelo e Fornelos de Montes ao abeiro do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas por importe de máis de 106.000 euros. Ata o momento, o Goberno provincial xa mobilizou máis de 930.000 euros dos 4 millóns de orzamento total do plan, que se abriu a todos os concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia. Polo de agora xa se aprobaron recursos para Pazos de Borbén, Barro, Cerdedo-Cotobade, Redondela, Poio, Arbo, Crecente, Meis, Catoira, Cangas, Salceda de Caselas, Marín, Lalín, A Cañiza, Covelo e Fornelos de Montes.

O Concello da Cañiza afrontará con 45.560 € da Deputación a ampliación da cuberta das pistas de pádel, situadas a carón do complexo municipal formado pola piscina municipal e o ximnasio. A Cañiza conta con dúas pistas de pádel, unha das cales xa está cuberta e outra (na que se actuará agora) que aínda non. Nesta última xa se instalaron previamente as cimentacións que servirán de apoio á cuberta, unha estrutura metálica formada por dous pórticos, polo que só será necesario incorporar a cubrición, que será de aceiro ao igual que a da pista veciña.

O Concello de Covelo sufragará o cambio da cuberta da grada do campo de fútbol municipal. A actual atópase degradada polo paso do tempo e o efecto da meteoroloxía, polo que se substituirá e tamén se demolerá o muro de extradorso. Procederase á limpeza, pintado e saneado da grada e colocarase sobre ela a nova estrutura metálica, ademais de reconstruír a parte demolida do muro. Para esta actuación, a Deputación de Pontevedra concede ao concello unha achega de 32.568 €.

Ademais, o Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas financiará en Fornelos de Montes a ampliación da cuberta do corredor do complexo deportivo municipal (formado polo pavillón de deportes, os vestiarios, o ximnasio e a pista de pádel) e mais a clausura dos ocos na pista de pádel do recinto, cunha achega de 28.332 €. Parte do corredor está cuberto para permitir a comunicación entre os distintos servizos, especialmente nos días de choiva. Na actualidade a cubrición non chega a un dos accesos principais do pavillón, obrigando a pasar polos vestiarios para protexerse da choiva, polo que o investimento da Deputación permitirá corrixir esa carencia. Ademais, na pista de pádel existe un oco de 19 centímetros entre dous peches polo que é habitual que se coan pelotas, obrigando os usuarios a interromper o xogo para recuperalas subindo á cuberta do ximnasio cunha escaleira. Pecharase cunha malla de aceiro coa mesma forma e cor que a existente no peche da pista.

Relacionadas

0
Raigame alcanza a súa 21ª edición situándose como “un dos tesouros etnográficos de Ourense”, tal e como a define o presidente provincial, Luis Menor Vilanova...

Máis de 200 deportistas de toda España e Portugal disputarán a cuarta edición da...

0
Este evento deportivo, que conta co apoio da Deputación a través do Inorde e da Axencia de Turismo de Galicia, disputarase este domingo, 12...

O consistorio dota de sanemento a PonteCabaleiros e Urzal

0
As obras consistiron en dotar de saneamento a barrios da parroquia de Barcela en Arbo, que carecían do mesmoAs obras, cuio importe ascendeu a...

O vicepresidente Rafa Domínguez presenta “Unha árbore cae”, a publicación editada pola Deputación que...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de presentar no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra “Unha árbore cae”, a publicación editada...

O concello de Bueu recibe aos alevíns do Club do Mar Bueu polos éxitos...

0
Dende o consistorio déronlles os parabéns polo 6º posto acadado no LXXXI Campionato de España de Bateis O Concello de Bueu organizou esta tarde un...

A Deputación concede preto de 50.000 € a Ponte Caldelas para reparar o campo...

0
Trátanse de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que repartiu xa 2,5 millóns de euros entre os concellos de menos de 50.000 habitantes...

Publicacións Relacionadas