Home A Coruña A Liga Galega de Boccia organizada polo Concello e a ASCM celebrarase...

A Liga Galega de Boccia organizada polo Concello e a ASCM celebrarase o 6 e 7 de abril no Pavillón da Mocidade

- Anuncio -

O pavillón da Mocidade, na Gándara, acollerá o vindeiro 6 e 7 de abril a Liga Galega de Boccia. O edil de Deportes, Ibán Santalla, presentou o evento xunto con Paula Gárate, presidenta da Asociación Cultural ASCM. A Liga, tal e como indicaron, comezará na xornada deste venres en Vigo e terá continuidade esta fin de semana na cidade. A Federación Galega de Deporte Adaptado colabora neste evento.
O sábado disputarase o evento de 9:30 a 19:30, xogando as categorías BC3 e BC 5, un total de 18 partidos e o domingo, de 10:00 a 13:00 xogarán esas mesmas categorías un total de 10 partidos. “Esta é a primeira Liga galega de boccia que se xoga trala pandemia”, recordou Gárate, que explicou que haberá cinco árbitros autonómicos, ela entre eles, e dous nacionais.
O edil de Deportes destacou o traballo desenvolvido dende a ASCM co fin de celebrar esta liga autonómica na cidade e tamén o labor da entidade e do persoal voluntario para levar a cabo tanto este como outros eventos na cidade ao longo do ano. Satalla recalcou que “temos que continuar avanzando na plena inclusión e convocatorias como esta, dun deporte parlímpico para persoas con grandes discapacidades, é unha mostra máis dese camiño”.

Relacionadas

O concello reactiva o comercio local coa segunda edición doprograma de bonos “Eu Merco...

0
1.333 laracheses poderán acceder a unha chequeira de 30 euros para descontar as súas compras no pequeno comercio larachés. O Concello volve mostrar o seu...

Reeabertas á circulación as vías forestais de Montemair que foran danadas pola realización de...

0
A Policía Local emitiu un informe no que se determina que o estado actual permite a circulación en condicións de seguridade. O Concello informa da...

O alumnado do CPI Cruz do Sar expón a súa visión de Bergondo a...

0
· Os nenos e nenas expuxeron e leron as creacións realizadas durante os talleres impartidos pola artista bergondesa Dores Tembrás. O alumnado de 5º e...

O Museo Valle-Inclán pobrense conmemora o Día Internacional dos Museos con visitas comentadas e...

0
No 18 de maio conmemórase o Día Internacional dos Museos e, por tal efeméride, o Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal ofrece unha acción...

Carnota conmemora o Día Internacional dos Museos coa apertura da Caseta de Pepe do...

0
Esta revolucionaria instalación, á que se accede co móbil a través dun código QR, poderá ser visitado durante as 24 horas deste sábado, 18...

Belén do Campo reúnese con Juan Carlos García e destaca os investementos por case...

0
A delegada lembrou que o municipio se beneficia dunha axuda da Xunta de máis de 285.000€ para a creación dun punto limpo preto de...

Publicacións Relacionadas