Home Xunta de Galicia A Xunta recibe no Obradoiro os participantes do proxecto inclusivo ‘Sen Límites’...

A Xunta recibe no Obradoiro os participantes do proxecto inclusivo ‘Sen Límites’ que realizaron o Camiño de Santiago

- Anuncio -

A sexta edición deste programa de sendeirismo e montañismo con persoas do concello murciano de San Javier centrouse na peregrinación polo Camiño Francés desde Sarria

O director de Administración e Relacións coas Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago da Sociedade Anónima de Xestión do Plan do Xacobeo, Ildefonso de la Campa, recibiu un grupo de peregrinos con discapacidade do concello murciano de San Javier, encabezados polo seu alcalde, José Miguel Luengo Gallego, dentro do programa inclusivo Sen límites.

Impulsado pola asociación Aidemar e o club Chotacabras, co apoio do concello de San Javier, a Federación de Atletismo da Rexión de Murcia e a Federación de Deportes para Persoas con Discapacidade Intelectual da Rexión de Murcia, a peregrinación realizouse durante os últimos días e o grupo vén de chegar a Santiago de Compostela. Tras experiencias como as subidas ao Mulhacén ou ao Teide, a sexta edición deste proxecto de sendeirismo e montañismo ten como protagonista o Camiño Francés desde Sarria e reforza os valores da ruta xacobea.

Estes peregrinos súmanse ás máis de 13.000 persoas que esta Semana Santa selaron a Compostela, máis de 9.500 delas só nos días festivos entre o Xoves Santo e o Domingo de Pascua. No que vai de ano, máis de 28.200 recolleron a súa acreditación da peregrinación na Oficina do Peregrino, un 66% máis que no mesmo período do ano pasado.

Relacionadas

A Escola da Auga da Xunta comeza a funcionar co reto de impulsar a...

0
Ángeles Vázquez explica que a iniciativa está aberta tanto a técnicos e funcionarios municipais como a persoal de empresas privadas, que poderán acceder a...

Medio Rural pon en valor a Central Agropecuaria de Galicia en Silleda como referente...

0
A conselleira María José Gómez asistiu á segunda poxa de gando celebrada no que vai de ano nesta Central e salientou que este é...

A Xunta convoca hoxe as probas de avaliación en competencias clave para acceder á...

0
A convocatoria, publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia, avaliará os coñecementos en matemáticas, lingua galega, lingua castelá e inglésEstá dirixida a persoas que...

A Xunta salienta que o Censo do patrimonio marítimo servirá de base para elaborar...

0
— Ángeles Vázquez indica que esta iniciativa, que é desenvolvida pola Universidade da Coruña con financiamento do Goberno galego, permitirá ofrecer datos clave para...

A Xunta designa o trbunal para as probas de aptitude profesional para exercer como...

0
o longo de 2025 haberá oito convocatorias en distintas categorías co obxectivo de  acadar os certificados profesionais para a condución de distintas categorías de...

Belén do Campo anima aos alumnos de Secundaria a participar no Concurso #PARQUEVIBRAS creando...

0
― A delegada destacou que esta nova iniciativa busca dar a coñecer entre a mocidade galega os seis parques naturais de Galicia para concienciar...

Publicacións Relacionadas