Home Terra de Caldelas Castro Caldelas O XVII Festival Pórtico do Paraíso estrea como escenario o castelo de...

O XVII Festival Pórtico do Paraíso estrea como escenario o castelo de Castro Caldelas e programa cinco concertos

- Anuncio -

Na presentación deste evento cultural, o vicepresidente segundo e deputado de Cultura, César Fernández, puxo en valor “un evento moi consolidado na axenda cultural da provincia”

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, enxalzou a aposta do evento pola música clásica, definíndoo como un “festival diferencial”

O director do festival, Juan Enrique Miguéns, detallou a programación do certame, que contará con 5 concertos de músicos nacionais e internacionais e celebrarase do 3 ao 12 de maio en Ourense, Castro Caldelas e Cea.

O XVII Festival Pórtico do Paraíso, patrocinado pola Deputación de Ourense, ofrecerá do 3 ao 12 de maio cinco concertos de músicos procedentes de Polonia, Serbia, Francia, España e Galicia. Nesta edición estréase como escenario o castelo de Castro Caldelas, que se suma ao mosteiro de Santa María de Oseira e á capela de Santo Ángel, o Teatro Principal e o Liceo en Ourense.

O vicepresidente segundo e deputado de Cultura, César Fernández puxo en valor este certame, afirmando que é “un evento moi consolidado na axenda cultural da provincia”. Destacou que este festival “une dous elementos dos máis importantes que temos na provincia, a música e o patrimonio, combinación que dá como resultado unha calidade extraordinaria e moi atractiva para o público”.

O director da Agadic, Jacobo Sutil, afirma que este é un “festival diferencial”, pois descentraliza a programación e pon en valor o noso patrimonio natural e arquitectónico”.

Juan Enrique Miguéns agradeceu o patrocinio da Deputación de Ourense e a colaboración da Agadic. Asegurou que esta edición “é moi fiel ao noso estilo, á nosa maneira de facer as cousas, de levar música de distintas épocas e estilos, dende a música medieval ata a de autores vivos, aos espazos da cidade e da provincia”.

Programación

O festival principia o día 3 de maio no Liceo de Ourense cun concerto do cuarteto vocal Cantoría, procedente de Barcelona. O día 5, no castelo de castro Caldelas, o concerto correrá a cargo da polaca e Paulina Ceremuzyunska e o galego Manuel Vilas. No Teatro Principal, o día 7, porase en escena unha moderna proposta titulada Música e memes. Xa o día 10, na capela do Santo Ángel, Milos Milivojevic ofrecerá un concerto de acordeón e, finalmente, o grupo francés Diabolus in música actuará o día 12 no mosteiro de Oseira.

Aos concertos súmaselle, como se ven facendo dende hai anos, a visita o día anterior ao inicio do evento, de varios músicos ao conservatorio, onde terán un encontro informal co estudantado.

Toda a información deste certame, así como da súa programación e da venda de entradas, está dispoñible na páxina web www.porticodoparaiso.com.

Relacionadas

A Deputación presenta en Lalín os programas de Acción Comunitaria que deixarán 2,4 millóns...

0
O presidente provincial Luis López, xunto co deputado Javier Tourís, lembrou que o ano pasado beneficiáronse destes programas 14 colectivos veciñais e unha comunidade...

Luis López anuncia unha nova edición mellorada da “academia” de pilotos +Talento Motor tralo...

0
O presidente provincial avanza un incremento do orzamento na beca, cuxo prazo de solicitudes abrirá este xoves ata o 19 de febreiro, para pilotar...

Luis Menor traslada á Asociación Centro Comercial Aberto O Barco o apoio da Deputación...

0
Os directivos do CCA O Barco deron a coñecer proxectos como a pasarela de moda que celebrarán proximamente e outras actividades de dinamización na...

Luisa Sánchez remarca a estreita relación entre Castelao e Vigo na conmemoración do 75...

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, acaba de participar nos actos organizados no IES Castelao de Vigo para conmemorar o 75 aniversario...

A Deputación organiza novas saídas do programa Lecer en familia coa participación de preto...

0
As estancias programadas este 31 de xaneiro e 1 de febreiro levarán a familias de 14 concellos ao Gran Talaso Hotel Sanxenxo, o Hotel...

A Deputación leva este venres á Guarda o circuíto +Escénicas con “De algo hai...

0
O espectáculo para todos os públicos poderá verse ás 21:00 horas no Salón de actos do Centro Cultural +Escénicas é un novo circuíto da institución...

Publicacións Relacionadas