Home A Coruña O Concello retoma desde hoxe o servizo de Podoloxía gratuíta, que completa...

O Concello retoma desde hoxe o servizo de Podoloxía gratuíta, que completa a súa firme aposta polos Servizos Sociais

- Anuncio -

 Trátase dunha asistencia aberta a toda a veciñanza maior de 60 anos, con discapacidade ou en situación de vulnerabilidade socioeconómica

 A prestación ofrécese nunha sala habilitada na Casa Consistorial os luns e martes en horario matinal e os mércores pola tarde

O Concello de Paderne retoma desde hoxe, 1 de abril, o servizo de Podoloxía gratuíta. A prestación xa foi ofrecida desde setembro ata decembro do ano 2023 e agora regresa mantendo as súas condicións para completar a firme aposta do equipo de goberno municipal por uns Servizos Sociais de calidade.

A Podoloxía é unha asistencia sen custo algún para as persoas que o soliciten. O servizo está aberto a maiores de 60 anos que non realicen actividade laboral. A maiores, a condición da idade desaparece para ofrecer tamén tratamento a persoas con discapacidade e dependencia recoñecidas ou en situación de vulnerabilidade socioeconómica.

A prestación ofrécese nunha sala habilitada na Casa Consistorial os luns e martes en horario matinal, ademais das tardes dos mércores. A maiores, no caso de que o usuario ou usuaria en cuestión teña problemas de mobilidade, a asistencia pode ofrecerse no domicilio particular.

Para solicitar esta prestación, os interesados e interesadas poden contactar coa área de Servizos Sociais ou chamando directamente ao Concello.
“Apostamos de novo por esta iniciativa porque consideramos que Paderne debe contar cos mellores servizos posibles para a súa veciñanza. Este Concello debe ser un lugar cómodo para vivir e que se preocupe pola súa xente”, apunta a concelleira de Servizos Sociais, Marisa Abrodos. “A Podoloxía únese ao préstamo de equipamento técnico asistencial de todo tipo, pero tamén a iniciativas que facemos ao longo do ano para asistir aos nosos e as nosas maiores e as persoas con necesidades de todo tipo”, recalca Abrodos.

Relacionadas

Aberto o prazo para solicitar as subvencións dirixidas a entidades culturais, deportivas, educativas e deportistas...

0
O período para a presentación de solicitudes é dun mes. O Boletín Oficial da Provincia (BOP) da Coruña publica hoxe as bases da convocatoria de...

O pleno acorda aprobar a candidatura da Laracha a obter a distinción de “Cidade...

0
Tamén se aprobou a modificación de crédito necesaria para financiar obras de mellora da accesibilidade no parque empresarial e de instalación da iluminación na...

Brión acollerá este sábado un baile solidario de swing da ONG Harambee para apoiar...

0
Haberá unha Master Class e despois baile libre no centro social polivalente brionés, de 17:00 a 19:00 horas O centro social polivalente de Brión acollerá...

O PP de Culleredo deixa ao alcalde, José Ramón Rioboo, que cumpra o acordo...

0
∙ O compromiso alcanzado en marzo, por unanimidade, pedía que “coa máxima urxencia” se levara a cabo un novo proxecto que recollese todas as...

O presidente da Xunta de Galicia visita o stand da Ría da Estrela en...

0
A Ría da Estrela porá en valor os atractivos da Ría de Muros Noia na Feira Internacional de Galicia con dous stands en Turexpo...

O Pleno aproba a creación da Comisión especial da xestión do ciclo integral da...

0
A sesión plenaria de hoxe contou coa presenza da vicepresidenta de AGAELA, Mª Jesús Seoane O Pleno municipal deu luz verde esta mañá á proposta...

Publicacións Relacionadas