Home A Coruña O Pazo da Cultura acollerá unha nova edición do Tour Galician Dance...

O Pazo da Cultura acollerá unha nova edición do Tour Galician Dance de Hip Hop

- Anuncio -

O edil de Deportes, Ibán Santalla, e o presidente do Club de Baile Deportivo Narón, Jesús Marcos, presentaron o tour Galician Dance, a Liga Galega Xunta de Galicia de Hip Hop. A convocatoria, tal e como avanzou Santalla, desenvolverase na cidade o vindeiro 14 de abril no Pazo da Cultura, sendo este ano a segunda ocasión na que se celebra en Narón, tralo éxito do evento celebrado o pasado ano. As Federacións Española e Galega de Baile Deportivo colaboran neste evento.
A cidade acollerá, tal e como indicou Jesús Marcos, a primeira proba dun circuíto que terá continuidade no mes de maio en Mugardos e en xuño en Lugo e Marín. A Liga dará programada no Pazo dará comezo ás 15:00 horas e rematará sobre as 21:00, segundo as previsións. “O ano pasado a proba celebrada en Narón foi a que reuniu a un maior número de participantes, cuns 500 deportistas especializados en hip hop”, destacou o presidente do CBD Narón.
Santalla agradeceu o labor do club local e tamén do resto de organismos implicados en que un ano máis se poida levar a cabo na cidade, ao tempo que animou á cidadanía a acudir á convocatoria a animar aos participantes e desfrutar do hip hop.

Relacionadas

Neda programa unha ducia de obradoiros para achegar a danza aos estudantes e aos...

0
As actividades concíbense como un adianto do Festival Neda en danza O Concello vén de iniciar un ciclo de obradoiros destinado a achegar a danza...

Neda volve licitar o cambio da cuberta e das fiestras da Casa da Cultura...

0
O Concello de Neda saca por terceira vez a contratación o cambio da cuberta da Casa da Cultura e a substitución das fiestras do...

O Concello renova o seu compromiso con UTACA na loita contra o alcoholismo e...

0
A alcaldesa e o presidente da entidade asinaron o convenio polo que o Concello achegará 45.000 euros para programas de rehabilitación de persoas alcohólicas A...

Ata o 6 de xuño para presenta-las solicitudes de participación no proceso selectivo para...

0
O prazo de presentación de solicitudes e entrega da documentación para participar no proceso selectivo para unha bolsa de emprego supletoria do Servizo de...

Daniel Pérez reclama da Xunta a recuperación, o acondicionamento e a posta en valor...

0
A área recreativa da Consellería de Medio Ambiente, que albergou un refuxio de pescadores e foi punto de encontro das familias carballesas durante décadas,...

O colexio Apóstolo Santiago achégase a Terra de vida

0
O centro de ensino compostelán participou o martes nos obradoiros ambientais promovidos polo Concello de San Sadurniño e Rexenerando Rapazada do colexio Apóstolo Santiago visitou...

Publicacións Relacionadas