Home A Coruña A Xunta aborda vías de colaboración co concello de Ordes para a...

A Xunta aborda vías de colaboración co concello de Ordes para a mellora de infraestructuras municipais

- Anuncio -

O vicepresidente primeiro en funcións, Diego Calvo, reuniuse co alcalde José Luís Martínez e coa presidenta da mancomunidade, Susana García, para coñecer diversos proxectos prioritarios

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes en funcións, Diego Calvo, acompañado pola directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, reuniuse hoxe co alcalde de Ordes, José Luis Martínez, e a presidenta da Mancomunidade de Ordes, Susana García, para abordar posibles vías de colaboración na mellora de infraestruturas municipais.

Nesta liña, José Luis Martínez e Susana García presentaron proxectos prioritarios, como a rehabilitación do edificio para a sede da Mancomunidade de Ordes, que integra os concellos de Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia e Trazo, e a renovación do alumeado exterior e das instalacións eléctricas do campo de fútbol de Vista Alegre, de cara a avaliar posibles liñas de financiamento.

A xuntanza enmárcase no compromiso do Goberno galego coas administracións locais, ás que, a través de diversas liñas de axudas, destinou en 2023 máis de 27 millóns de euros para o impulso de máis de 600 proxectos de melloras nas instalacións vinculadas aos servizos municipais e na contorna ambiental.

Relacionadas

O Concello de Fene convida ao acto de izado da bandeira galega en San...

0
O evento terá lugar este sábado, 23 de novembro, ás 12h, e forma parte dun acto expansivo que se desenvolverá en concellos de todo...

Marián Ferreiro entregou ao padelista Iago Fuertes Leonardo o premio ao Mellor Deportista de...

0
O Pazo da Cultura foi novamente esta noite o escenario no que se desenvolveu a Gala do Deporte de Narón, que alcanzou a súa...

O Consorcio Provincial da Coruña aproba o convenio de colaboración co Concello de Arteixo...

0
• Segundo o acordo o goberno local asumirá a cesión da parcela e a edificación das novas instalacións, moito máis acordes para a correcta...

O Concello de Frades reclámalle a Sanidade que garanta unha atención de calidade nos...

0
O alcalde solicitou unha entrevista co conselleiro de Sanidade para buscar unha solución definitiva ás incidencias no servizo, que se traducen en atrasos nas...

A Pobra premiará as vivendas mellor decoradas polo Nadal

0
Un ano máis, as vivendas mellor decoradas da Pobra do Caramiñal terán premio co V Concurso de Embelecemento de Balcóns e Fachadas no seo...

Leiva actuará o próximo 12 de xullo no ciclo Coruña Sounds 2025

0
O Goberno de Inés Rey volve a apostar polas grandes actuacións musicais na cidade durante o verán Leiva actuará na cidade no verán do 2025...

Publicacións Relacionadas