Home O Salnés Cambados A Deputación leva este domingo ata Cambados e Ribadumia o programa “Voando...

A Deputación leva este domingo ata Cambados e Ribadumia o programa “Voando nas Rías Baixas”

- Anuncio -

A ruta ornitolóxica, impulsada pola institución da man de SEO/BirdLife e con todas as prazas xa esgotadas, permitirá observar aves nas ribeiras do río Umia

A Deputación de Pontevedra leva este domingo ata os concellos de Cambados e Ribadumia o programa “Voando nas Rías Baixas”, con todas as súas prazas xa esgotadas. Trátase dunha ruta ornitolóxica, impulsada pola institución provincial da man de SEO/BirdLife, que permitirá observar aves no último tramo do río Umia, un espazo protexido pola Rede Natura 2000.

Neste tramo de ribeira do Umia pódense avistar paseriformes, concretamente nas árbores de sombra (exemplares de papuxa das amoras, pimpín común, subeliño común ou ferreiriño), mentres que as paisaxes agrícolas que rodean esta zona atraen outras aves como o xílgaro, o tordo común, a bubela, a andoriña común e dáurica, a rula común ou o lagarteiro común. Máis adiante, preto da súa desembocadura no Complexo Intermareal Umia-O Grove, o esteiro é idóneo para aves acuáticas como garzas, limícolas, gaivotas, patos e corvos mariños.

O percorrido, ofrecido por guías de ornitoloxía de SEO/BirdLife, inclúe un autobús tanto para o desprazamento como para a visita da zona na que ten lugar a actividade. Recoméndase levar roupa cómoda e calzado apropiado, e cada participante terá á súa disposición prismáticos e dous telescopios terrestres de alta gama para poder observar as aves sen molestalas. Ademais, entregaráselle cadansúa guía.

O programa “Voando nas Rías Baixas” contempla en 2024, ademais deste percorrido pola ribeira do Umia, outras catro rutas ornitolóxicas por diferentes espazos da provincia de alto valor ecolóxico ou protexidos pola Rede Natura 2000: en maio na Serra do Suído (A Lama, Fornelos de Montes e Covelo), en xuño na praia da Lanzada (O Grove), en setembro nas lagoas de Rouxique (Sanxenxo) e en novembro no esteiro do río Miño (A Guarda).

Relacionadas

O Concello de As Neves impulsa a mellora da seguridade viaria no Camiño do...

0
O Concello de As Neves vén de anunciar o inicio dun proxecto de mellora viaria no Camiño do Pazo, situado en Tortoreos, coa finalidade...

O Concello de Ponteareas sancionará á empresa prestadora do Servizo de Axuda no Fogar

0
O Concello de Ponteareas aprobou hoxe nun pleno extraordinario sancionar á empresa que presta o Servizo de Axuda no Fogar (SAF). Por unanimidade de...

O BNG de Vigo tacha de “estafa política” o programa de intermediación de vivenda...

0
A fronte nacionalista afea as “falsidades” do alcalde e desvela que o programa, cun custo de 230 mil euros para dous anos, só prevé...

Aberto o prazo para solicitar a bonificación do 40% do IBI para as familias...

0
O concelleiro de Facenda, Manuel Santos, informa que no 2024 foron tramitadas 82 solicitudes desta axuda  O concelleiro de Facenda, Manuel Santos, recordou esta mañá...

O BNG chama a unha nova mobilización masiva en Vigo en contra da “desfeita...

0
A fronte nacionalista pide ás viguesas e vigueses que volvan encher as rúas da cidade este xoves 16 de xaneiro en apoio da manifestación...

Tui reforza a súa aposta polo medio ambiente coas obras de mellora realizadas no...

0
Investíronse 68 mil euros renovando o peche perimetral, construíndo unha nova caseta para residuos eléctricos e reforzando a sinalización O Punto Limpo de Tui, situado...

Publicacións Relacionadas