Home A Coruña O Concello arranca o proxecto para instalar un novo colector no núcleo...

O Concello arranca o proxecto para instalar un novo colector no núcleo de Ponteceso e mellorar a drenaxe do Xuncal

- Anuncio -

§ As obras foron adxudicadas por 224.491 euros e teñen un prazo de execución de seis meses.

O goberno local continúa mellorando os servizos da veciñanza. Trátase dun compromiso que acaba de referendar co recente inicio do proxecto para instalar un novo colector de interceptación da rede de pluviais no núcleo de Ponteceso e de mellora da drenaxe do Xuncal. As obras foron adxudicadas por 224.491,3 euros e contan cun prazo de execución de seis meses.

Por unha banda, o Concello mellorará a rede de pluviais na capital municipal coa colocación dun novo colector. Esta nova estrutura recollerá parte das augas pluviais que chegan ao núcleo de Ponteceso, evitando a súa incorporación á rede de saneamento unitaria sita baixo a zona de intervención. As actuacións suporán a canalización de 237 metros de tubo e a execución de oito arquetas de interceptación, seis pozos de rexistro (dous deles con sumidoiro) e de tres treitos de caz cunha lonxitude total de 29 metros lineais. O proxecto incluirá a reposición das redes afectadas, do pavimento e o repintado da sinalización neste punto.

No Xuncal, os labores suporán a reposición da clapeta sita na zona, un elemento que na actualidade se atopa en mal estado de conservación. As obras consistirán na instalación dunha nova comporta que substituirá á existente na actualidade, así como na colocación dun novo colector que facilite a saída de auga neste punto.

O Concello procederá ao desvío previo do río para poder traballar en seco colocando, ademais, unha barreira de retención de sedimentos para protexer o medio natural. A continuación, procederase á demolición dos muros de contención, disporase o novo colector de formigón e levarase a cabo a execución dos dous muros escollera e a instalación da nova comporta.

Relacionadas

O concello reactiva o comercio local coa segunda edición doprograma de bonos “Eu Merco...

0
1.333 laracheses poderán acceder a unha chequeira de 30 euros para descontar as súas compras no pequeno comercio larachés. O Concello volve mostrar o seu...

Reeabertas á circulación as vías forestais de Montemair que foran danadas pola realización de...

0
A Policía Local emitiu un informe no que se determina que o estado actual permite a circulación en condicións de seguridade. O Concello informa da...

O alumnado do CPI Cruz do Sar expón a súa visión de Bergondo a...

0
· Os nenos e nenas expuxeron e leron as creacións realizadas durante os talleres impartidos pola artista bergondesa Dores Tembrás. O alumnado de 5º e...

O Museo Valle-Inclán pobrense conmemora o Día Internacional dos Museos con visitas comentadas e...

0
No 18 de maio conmemórase o Día Internacional dos Museos e, por tal efeméride, o Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal ofrece unha acción...

Carnota conmemora o Día Internacional dos Museos coa apertura da Caseta de Pepe do...

0
Esta revolucionaria instalación, á que se accede co móbil a través dun código QR, poderá ser visitado durante as 24 horas deste sábado, 18...

Belén do Campo reúnese con Juan Carlos García e destaca os investementos por case...

0
A delegada lembrou que o municipio se beneficia dunha axuda da Xunta de máis de 285.000€ para a creación dun punto limpo preto de...

Publicacións Relacionadas