Home A Coruña Abegondo e Alemaña estreitan lazos cun intercambio educativo entre o IES de...

Abegondo e Alemaña estreitan lazos cun intercambio educativo entre o IES de Viós e o Instituto de Secundaria de Goslar

- Anuncio -

O alcalde, José Antonio Santiso, recibiu, esta mañá, aos 14 alumnos e alumnas que están a participar nesta experiencia e aos seus profesores.

Abegondo e Goslar, unha pequena rexión situada en Sajonia (Alemaña), estreitaron os seus lazos. Todo grazas a un intercambio educativo no que están a participar un total de 14 alumnos e alumnas: sete deles do IES de Viós e outros sete procedentes do Instituto de Secundaria de Goslar. A experiencia iniciouse no mes de febreiro, cando os abegondeses viaxaron ata Alemaña. Agora, as súas compañeiras xermanas han tomado a substitución, e quedarán no municipio ata o próximo 10 de abril. O alcalde, José Antonio Santiso, recibiu, esta mañá, aos estudantes e aos profesores que están a tomar parte nesta experiencia.

Durante a súa intervención, o rexedor deulles a benvida a Abegondo, explicándolles a orixe do nome do municipio e revelándolles algúns datos sobre o mesmo. Así mesmo, aproveitou a ocasión para entregar aos mozos varios agasallos institucionais como, por exemplo, libros sobre o concello e sobre observación ornitolóxica.

Ao longo dos próximos días, as alumnas alemás realizarán unha inmersión completa no municipio. Tanto é así, que vivirán coas familias de Abegondo. Ademais da recepción no Concello, a experiencia incluirá varias actividades e saídas. Entre as propostas, os mozos e mozas visitarán a Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo e realizarán unha camiñada pola zona.

Trátase do primeiro intercambio ERASMUS+ que realiza o IES de Viós. Con todo, lonxe de ser unha acción puntual, o centro de ensino presentou un novo proxecto para o curso 2024/2025.

Relacionadas

Inés Rey destaca o traballo das máis de 350 nenas e nenos que expuxeron...

0
Durante esta tarde de venres as persoas participantes nesta edición amosáronlle á cidadanía na praza de María Pita os seus proxectos A alcaldesa, Inés Rey,...

Paderne celebra a súa memoria viva con máis de 200 maiores

0
 O goberno local homenaxeou á veciñanza máis veterana do municipio na Festa dos Maiores, un día con misa, un pleno simbólico e comida...

Neda pretende contar con catro áreas infantís dentro da Rede galega de parques sen...

0
A localidade foi unha das primeiras en sumarse a esta iniciativa autonómica de concienciación No Día Mundial sen Tabaco, o Concello Neda avanza a intención...

En marcha a campaña municipal de desbroce na rede viaria

0
Invístense 140.000 euros para actuar en 300 km de estradas, 83 km de camiños forestais e 32 hectáreas de terreos. O Concello iniciou a campaña...

O Concello obtén o Ciclo Medio en Carrozaría para o IES Eduardo Pondal e...

0
 A formación comezará a impartirse xa no vindeiro curso 2024-2025 e contará con 22 prazas  “As conversas coa Xefatura Territorial de Educación deron...

O PSdeG e as XSG presentan emendas ao regulamento do Consello Municipal de Mocidade...

0
Propoñen a creación dunha Comisión Executiva “real” e un pleno con representación da mocidade e con capacidades propias, incluíndo a participación no orzamento do...

Publicacións Relacionadas