Home Pontevedra Os restaurantes da Festa do Mar triplican a petición de producto para...

Os restaurantes da Festa do Mar triplican a petición de producto para atender a previsión de demanda

- Anuncio -

Os tres locais conxugarán tradición e innovación para sorprender aos comensais que se acheguen os días 13 e 14 de abril ao adro de San Adrián

O Concello  ultima xa o programa da Festa do Mar de Vilaboa  que se instalará de novo no adro de San Adrián de Cobres para amosar a fortaleza do sector local a través dun evento gastronómico que terá lugar esta fin de semana, os días 13 e 14 de abril para garantir a máxima calidade do mexillón, da ameixa e do choco.

Serán tres os restaurantes locais encargados das degustacións, elaboradas a partir do produto recollido para este evento pola Confraría de Vilaboa. A Garboa, A casa de Rosa de Mazaroca e Aurelia poranse aos fogóns para preparar as tapas de mexillón a 3,5 euros; os chocos a 5 euros e a 6 euros estará a ameixa, tanto a xapónica como a cornicha. Todos eles preparados en distintas elaboracións: en empanada, en escabeche, guisados ou á mariñeira. Este ano, como novidade, haberá stand  cafetería da man do bar Chancho e repetirá tamén o posto doce para completar o menú con panadería pastelería Os Laranxos.

Os tres restaurantes triplicaron a petición de produto á Confraría con respecto á edición do ano pasado, na que a afluencia de comensais esgotou as racións elaboradas   impedindo atender a alta demanda concentrada na carpa. Os equipos de cociña de cada un dos locais de restauración ofertarán por tanto pratos tradicionais con innovacións culinarias capaces de sorprender.

E xunto aos produtos do mar compartirán protagonismo e promoción os viños da IXP Ribeiras do Morrazo das adegas Os Areeiros e Ardán. 

A comisión organizadora, na que ademáis do Concello están as mariscadoras, mariñeiros e bateeiras, será a que realice a cata das elaboracións dos restaurantes participantes, con premios para a Innovación, o Sabor e a Presentación; prantexando para este ano o novo reto de sorprender ao público en xeral conxugando elaboracións tradicionais con pratos máis atrevidos

Relacionadas

O IES de Salvaterra inaugura o patio inclusivo dentro do seu I Festival das...

0
O pasado mércores o IES de Salvaterra de Miño organizou o I Festival das Letras Galegas, unha máis das actividades enmarcadas dentro do mes...

A Feira Abanca Semana Verde arrancou hoxe coas súas propostas máis profesionais

0
A Feira Internacional Abanca Semana Verde arrincou hoxe a súa 46ª edición, a cal foi inaugurada polo presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda. Nesta...

Os mellores exemplares das razas autóctonas en perigro de extinción decidíronse hoxe na feira...

0
OS SEUS CONCURSOS MORFOLOXICOS TUVIERON LUGAR NO MARCO DESTE CERTAME MULTISECTORIAL, EN CUXA EXPOSICIÓN SE PODEN VER ESTES ANIMAIS DENDE HOXE E ATA O...

Nace o Observatorio da Xunqueira de Ramallosa, un proxecto pioneiro en accesibilidade e tecnoloxía...

0
Trátase dun proxecto promovido polo Concello de Gondomar financiado pola convocatoria Leader 2023-2024 a través de EuRural Favorecer o achegarse á natureza sen obstáculos físicos...

A Rosa de Mos inicia nova etapa tras médio século de historia

0
A 51 edición da festa trasládase ao Pazo de Mos e ten como pregoeira á influencer mosense Tamara García Esta mañá tivo lugar na contorna...

O BNG de Vigo agarda que a Xustiza poña luz na “chanchullada escura” que...

0
A fronte nacionalista agarda que o proceso xudicial que se vén de iniciar permita aclarar até o final o escándalo levantando a “xigantesca alfombra...

Publicacións Relacionadas