Home A Coruña O Concello homenaxeou esta mañá aos equipos Narón Kids e Revolution UPA,...

O Concello homenaxeou esta mañá aos equipos Narón Kids e Revolution UPA, campións do mundo de danza coreográfica

- Anuncio -

A celebración do “XXIII Trofeo de Baile deportivo Cidade de Narón” foi o lugar elixido polo Concello para homenaxear esta mañá aos equipos Narón Kids, do Club de Baile Deportivo Narón, e Revolution UPA, da academia Un Paso Adelante, tralo éxito acadado a pasada fin de semana no Campionato do mundo de danza coreográfica celebrado en Cambrils. A alcaldesa, Marián Ferreiro, presidiu a convocatoria, na que tamén participaron o edil de Deportes, Ibán Santalla; os voceiros do PP, Germán Castrillón e PSOE, Silvia de Arriba, e a edil do BNG Beatriz Mosquera.
Ao remate das cometicións matinais celebradas no pavillón polideportivo municipal da Gándara, procedeuse a chamar á pista aos integrantes de Narón Kids e Revolution UPA e da corporación local. Dende o Consistorio aproveitouse tan importante celebración na localidade para felicitar públicamente a ambos equipos. Revolution UPA alzouse como campión do mundo de danza coreográfica na categoría youth e Narón Kids, foi campión do mundo na categoría absoluta, impoñendose ante o resto de competidores nacionais e internacionais. “Sodes un exemplo a seguir de esforzo, traballo, constancia e dedicación. Un orgullo para a nos acidade e tamén para os vosos respectivos concellos, Ogallá manteñades no tempo ese liderado para que todas e todos nós poidamos seguir desfrutando do baile deportivo ao máximo nivel”, indicaron dende o Consistorio. Así mesmo, desexáronlles novos éxitos nas súas traxectorias deportivas “que viviremos coa máxima ilusión e orgullo todas as naronesas e naroneses”.
A continuación, a corporación local procedeu a entregarlles a cada unha das campionas do mundo dos dous equipos un ramo de flores cunha medalla realizada en madeira e coa inscrición: “Parabéns por formar parte do equipo campión do mundo de danza coreográfica”. Así mesmo, recibiron de mans de Marián Ferreiro unha réplica da escultura “Anduriña”, realizada polo artista luso Manuel Patinha.
Ao mediodía, tralo remate do acto, realizouse un descanso para continuar durante a tarde as competicións do “XXIII Trofeo de Baile deportivo Cidade de Narón, organizado polo Consistorio e o Club Baile Deportivo Narón.

Relacionadas

O concello reactiva o comercio local coa segunda edición doprograma de bonos “Eu Merco...

0
1.333 laracheses poderán acceder a unha chequeira de 30 euros para descontar as súas compras no pequeno comercio larachés. O Concello volve mostrar o seu...

Reeabertas á circulación as vías forestais de Montemair que foran danadas pola realización de...

0
A Policía Local emitiu un informe no que se determina que o estado actual permite a circulación en condicións de seguridade. O Concello informa da...

O alumnado do CPI Cruz do Sar expón a súa visión de Bergondo a...

0
· Os nenos e nenas expuxeron e leron as creacións realizadas durante os talleres impartidos pola artista bergondesa Dores Tembrás. O alumnado de 5º e...

O Museo Valle-Inclán pobrense conmemora o Día Internacional dos Museos con visitas comentadas e...

0
No 18 de maio conmemórase o Día Internacional dos Museos e, por tal efeméride, o Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal ofrece unha acción...

Carnota conmemora o Día Internacional dos Museos coa apertura da Caseta de Pepe do...

0
Esta revolucionaria instalación, á que se accede co móbil a través dun código QR, poderá ser visitado durante as 24 horas deste sábado, 18...

Belén do Campo reúnese con Juan Carlos García e destaca os investementos por case...

0
A delegada lembrou que o municipio se beneficia dunha axuda da Xunta de máis de 285.000€ para a creación dun punto limpo preto de...

Publicacións Relacionadas