Home A Coruña 15 mozas e mozos fórmanse no Obradoiro Inicia VII que se está...

15 mozas e mozos fórmanse no Obradoiro Inicia VII que se está a desenvolver no Concello de Fene

- Anuncio -

A Concelleira de Formación e Emprego, Cristina García, mantivo un encontro co equipo docente e alumnado participante no Inicia VII

No marco deste Obradoiro estanse a realizar diversos traballos de substitución de varandas

A Concelleira de Formación e Emprego de Fene, Cristina García, mantivo esta mañá un encontro co equipo docente e alumando – traballador do Obradoiro Inicia VII, que se está a desenvolver na nave municipal do Concello de Fene, e no que participan un total de 15 persoas.
Dito Obradoiro, promovido polo Concello de Fene -xunto cos concellos de Ares, Cabanas e Mugardos- está destinado a mozas e mozos de entre 18 e 30 anos en situación de desemprego, e ten como principal obxectivo que estas persoas poidan ver mellorada a súa inserción laboral mediante un programa que combina a formación teórico – práctica.
O Inicia VII estase a impartir na modalidade de fabricación e montaxe de instalacións de tubaxe industrial, unha especialidade con gran demanda na comarca. Durante o seu desenvolvemento, cun ano de duración, as persoas participantes completarán a súa formación teórica con diferentes actuacións de mellora das dotacións públicas, como a substitución das varandas das escaleiras de Tellerias a San Valentín e a instalación de varandas nas gradas do pavillón A Xunqueira.
Durante o encontro, Cristina García interesouse pola valoración do alumnado participante sobre o desenvolvemento do Obradoiro e as necesidades do equipo docente, e apuntou a importancia deste tipo de programas orientados “a cubrir as demandas reais do mercado laboral e mellorar a empregabilidade das persoas participantes, adquirindo as competencias necesarias para desenvolver unha actividade en auxe”.
Cunha duración dun ano, o alumnado traballador conta cun contrato laboral de 40 horas semanais, polo que percibe o Salario Mínimo Interprofesional. Estas persoas foron preseleccionadas mediante unha oferta de emprego en cada unha das especialidades tramitadas no Servizo Público de Emprego de Galicia, procedéndose logo á selección definitiva, dando prioridade ás persoas desempregadas dos concellos organizadores.
O Obradoiro Inicia VII na especialidade de fabricación e montaxe de instalacións de tubaxe industrial está incluído no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil e conta cunha subvención da Consellaría de Emprego da Xunta de Galicia de preto de 425.000 euros.

Relacionadas

O concello reactiva o comercio local coa segunda edición doprograma de bonos “Eu Merco...

0
1.333 laracheses poderán acceder a unha chequeira de 30 euros para descontar as súas compras no pequeno comercio larachés. O Concello volve mostrar o seu...

Reeabertas á circulación as vías forestais de Montemair que foran danadas pola realización de...

0
A Policía Local emitiu un informe no que se determina que o estado actual permite a circulación en condicións de seguridade. O Concello informa da...

O alumnado do CPI Cruz do Sar expón a súa visión de Bergondo a...

0
· Os nenos e nenas expuxeron e leron as creacións realizadas durante os talleres impartidos pola artista bergondesa Dores Tembrás. O alumnado de 5º e...

O Museo Valle-Inclán pobrense conmemora o Día Internacional dos Museos con visitas comentadas e...

0
No 18 de maio conmemórase o Día Internacional dos Museos e, por tal efeméride, o Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal ofrece unha acción...

Carnota conmemora o Día Internacional dos Museos coa apertura da Caseta de Pepe do...

0
Esta revolucionaria instalación, á que se accede co móbil a través dun código QR, poderá ser visitado durante as 24 horas deste sábado, 18...

Belén do Campo reúnese con Juan Carlos García e destaca os investementos por case...

0
A delegada lembrou que o municipio se beneficia dunha axuda da Xunta de máis de 285.000€ para a creación dun punto limpo preto de...

Publicacións Relacionadas