Home A Coruña O Concello de Frades subvencionará parte dos gastos en oftalmoloxía, audioloxía ou...

O Concello de Frades subvencionará parte dos gastos en oftalmoloxía, audioloxía ou odontoloxía para os seus maiores

- Anuncio -

Axudas de entre 500 e 2.000 € para a compra de lentes, audífonos e próteses dentais para maiores de 65 anos ou cunha discapacidade superior ao 33% e cuns ingresos inferiores ao 90% do IPREM

O Concello de Frades convoca unhas axudas para gastos oftalmolóxicos, auditivos ou odontolóxicos dirixidas a persoas maiores de 65 anos e/ou que teñan recoñecido un grado de discapacidade igual ou superior ao 33% e cuns ingresos inferiores ao 90% do IPREM (540 euros). Unha convocatoria que hoxe publica o BOP da Coruña, polo que poderán solicitarse entre o 12 de abril e o 12 de xuño nas oficinas do Concello de Frades.

O concelleiro de Sanidade, Manuel Ferreiro, explica que “seguimos o camiño iniciado nos últimos anos en Frades e que nos levou a ser un dos municipios que máis inviste en servizos públicos en Galicia. Consultamos ao persoal dos Servizos Sociais e detectaron que había certa necesidade á hora de adquirir gafas e audífonos, así como á hora de facer algún tratamento odontolóxico, polo que decidimos poñer en marcha este programa de axudas”.

Os requisitos necesarios para poder acceder a estas axudas son: ter máis de 65 anos ou ter en vigor unha discapacidade igual ou superior ao 33%, ter uns ingresos inferiores ao 90% do IPREM por persoa (540 euros neste ano 2024), residir e estar empadroado en Frades cunha antigüidade mínima de 6 meses e precisar de gafas, audífonos, próteses dentais ou implantes. Os importes máximos das axudas serán de ata 500 euros (lentes), ata 2.000 euros (audífonos, cun máximo de 2 unidades), ata 1.500 euros (próteses dentais) e ata 2.000 euros (implante dental).

Ferreiro Marzoa apunta que “a idea é mellorar a calidade de vida das persoas maiores e dependentes con menores recursos económicos, tal e como seguimos facendo con outros programas como o bono taxi, o programa de empréstito de axudas técnicas, o de estimulación cognitiva, o de eliminación de barreiras arquitectónicas ou os xa tradicionais de podoloxía, fisioterapia e perruquería a domicilio, tres programas que levan xa máis dunha década operativos. Neles contamos cunha axuda do Plan Único para a súa posta en marcha o primeiro ano, pero despois é o Concello de Frades quen asume o seu mantemento”.

Informe dos Servizos Sociais

As solicitudes deberán presentarse no rexistro municipal do Concello de Frades coa documentación correspondente, que será estudada e valorada por orde de entrada pola traballadora social municipal, que emitirá un informe no que porá de manifesto se a persoa aspirante cumpre ou non cos requisitos para recibir a prestación. A persoas beneficiaria terá que xustificar a axudas mediante a presentacións das correspondentes facturas orixinais.

A documentación precisa é: DNI de todos as persoas da unidade de convivencia, xustificante de ingresos de toda a unidade de convivencia, extracto bancario das entidades nas que confiasen as contas ou depósitos sobre os movementos bancarios existentes nos 3 meses anteriores á solicitude da axuda, certificado do grado de discapacidade (se é o caso), orzamento do gasto para o que solicita a axuda e certificado de conta bancaria.

No ano 2023, o Concello de Frades creou un servizo gratuíto de estimulación cognitiva a domicilio para persoas con demencia ou enfermidades neurodexenerativas, que se uniu aos programas de préstamo de axudas técnicas para a mobilidade, de eliminación de barreiras arquitectónicas nas vivendas e de bono-taxi para desprazamentos de balde a centros sanitarios do Sergas postos en marcha no 2022 a través de cadanseu acordo coa Farmacia Ortopedia Pájaro Lago (Ordes) e co taxista local Juan Carlos Andrade Gómez, respectivamente. A maiores, o Concello de Frades oferta tamén os clásicos servizos de teleasistencia e axuda no fogar, así como os programas de podoloxía, fisioterapia e perruquería a domicilio, que levan once anos funcionando.

Relacionadas

O concello reactiva o comercio local coa segunda edición doprograma de bonos “Eu Merco...

0
1.333 laracheses poderán acceder a unha chequeira de 30 euros para descontar as súas compras no pequeno comercio larachés. O Concello volve mostrar o seu...

Reeabertas á circulación as vías forestais de Montemair que foran danadas pola realización de...

0
A Policía Local emitiu un informe no que se determina que o estado actual permite a circulación en condicións de seguridade. O Concello informa da...

O alumnado do CPI Cruz do Sar expón a súa visión de Bergondo a...

0
· Os nenos e nenas expuxeron e leron as creacións realizadas durante os talleres impartidos pola artista bergondesa Dores Tembrás. O alumnado de 5º e...

O Museo Valle-Inclán pobrense conmemora o Día Internacional dos Museos con visitas comentadas e...

0
No 18 de maio conmemórase o Día Internacional dos Museos e, por tal efeméride, o Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal ofrece unha acción...

Carnota conmemora o Día Internacional dos Museos coa apertura da Caseta de Pepe do...

0
Esta revolucionaria instalación, á que se accede co móbil a través dun código QR, poderá ser visitado durante as 24 horas deste sábado, 18...

Belén do Campo reúnese con Juan Carlos García e destaca os investementos por case...

0
A delegada lembrou que o municipio se beneficia dunha axuda da Xunta de máis de 285.000€ para a creación dun punto limpo preto de...

Publicacións Relacionadas