Home A Coruña CLUN promociona os seus pensos, leites maternizadas para gando e servizos de...

CLUN promociona os seus pensos, leites maternizadas para gando e servizos de asesoramento na Moexmu

- Anuncio -

A cooperativa patrocinou o Concurso de Xóvenes Manexadores Muimenta 2024, que premiou a Nicolás Andrade (Mesía), María Otero (Castro de Rei) e Yasmín Villamide (Pol)

A cooperativa rural galega CLUN aproveitou a súa presenza na Mostra Exposición de Muimenta (Moexmu), que esta fin de semana celebrou a súa corenta edición, para dar a coñecer os pensos de calidade e os leites maternizados para gando que comercializan dende a cooperativa para o desenvolvemento óptimo da actividade gandeira.

Ademais de explicar as vantaxes destes produtos innovadores, técnicos especialistas da cooperativa aproveitaron a numerosa asistencia rexistrada no stand para presentarlles aos gandeiros e gandeiras os distintos servizos de asesoramento e apoio que CLUN ofrece aos seus socios, para acadar a máxima eficiencia das súas explotacións, mellorar a cadea de valor e aumentar a sustentabilidade da produción láctea.

Uns servizos de asesoramento personalizado que inclúen moitas das cuestións de actualidade no sector como as consecuencias para as ganderías dos decretos de ordenación bobina, de nutrición bobina e de ferramentas informáticas que entraron en vigor este 2024. Unha nova lexislación que obriga a ter implantado un Sistema Integral das Explotacións Bovinas, contar coa nova figura do veterinario de explotación e levar un Caderno de Explotación.

A maiores, todas as persoas que se achegaron polo stand de CLUN na Moexmu puideron degustar produtos da cooperativa como os novos iogures Clesa ou o leite de Feiraco e ÚNICLA.

Concurso de Xóvenes Manexadores

Así mesmo CLUN, como patrocinador oficial do Campionato Puntuable Club Xóvenes Gandeiros de Galicia 2024, participou no Concurso de Xóvenes Manexadores Muimenta 2024, celebrado no recinto feiral Manuel Vila de Muimenta e no que se premiou a Nicolás Andrade (Mesía) na sección de entre 21 e 30 anos; a María Otero (Castro de Rei) na categoría de entre 16 e 20 anos; e Yasmín Villamide (Pol), na sección de entre 10 e 15 anos. Na categoría de menores de nove anos, o xuíz decidiu premiar aos 11 participantes.

Co patrocinio oficial destes campionatos, CLUN continúa apoiando e impulsando iniciativas a prol do futuro da gandería galega a través do apoio aos mozos e mozas nos concursos de preparadores e manexadores. O certame de Muimenta é o segundo dos tres que se inclúen no Campionato Puntuable Club Xóvenes Gandeiros de Galicia 2024. A derradeira proba será o Concurso de Manexadores de Feiradeza, que terá lugar o vindeiro mes de xuño.

Sobre CLUN

CLUN é unha cooperativa láctea con sede en Ames froito da unión de Feiraco, Os Irmandiños e Melisanto. Conta con máis de 3.000 socios dunha trintena de municipios galegos, aos que asesora e apoia de forma constante para que poidan acadar a máxima eficiencia nas súas explotacións, mellorar a cadea de valor e a sustentabilidade da produción láctea. Emprega de forma directa a máis de 420 persoas, ademais dos empregos indirectos asociados á súa actividade.

En 2022 acadou unha facturación de máis de 240 millóns de euros, un 27,4% máis que no exercicio anterior. Os seus produtos véndense en máis de 60 países de todos os continentes e as súas exportacións medraron un 50% con respecto ao exercicio anterior.

Con presencia e actividade en máis de 80 concellos galegos, CLUN conta con dúas plantas de transformación láctea, tres de penso e seis tendas de alimentación e subministracións agrarios. Nos dous últimos exercicios investiu preto de 17 millóns de euros para aumentar a súa sustentabilidade e capacidade de transformación.

Uns datos que converten a CLUN na segunda cooperativa máis grande de Galicia, a primeira na provincia da Coruña. O seu modelo de xestión está orientado a conseguir unha tripla sustentabilidade: económica, social e medioambiental. Un modelo que permite controlar e optimizar todas as etapas do proceso produtivo, desde a produción gandeira do leite ata o envasado e comercialización dos produtos finais 100% galegos.

Relacionadas

Así de espectacular será este ano o Nadal en Carballo!

0
A carpa da Praza do Concello será “o centro neurálxico” do programa, que tamén encherá de actividade o Pazo da Cultura, o Fórum, as...

Inés Rey reclama un maior recoñecemento ás mulleres no eido gastronómico na presentación de...

0
A alcaldesa participou no acto de presentación do libro de Xavier Castro A alcaldesa, Inés Rey, presidiu esta tarde o acto de presentación do libro...

Oito locais de hostalaría da Coruña optan á mellor tapa da cidade a través...

0
O xurado profesional seleccionou as creacións de oito locais, dun total de 44 participantes, con dez tapas elixidas para ser finalistas: cinco na modalidade...

O concello dá a benvida ao Nadal este xovés ás 18:30 horas co acendido...

0
Tamén se presenta a programación cultural municipal para as festas, que contará con moitas iniciativas para o público infantil e familiar. O Nadal chegará este...

Cinco Équidos habitarán o Castro de Montes Claros para realizar o control ecolóxico e...

0
A iniciativa é impulsada polo Concello coa colaboración da Asociación Pura Raza Cabalo Galego e Poni Club Galicia. Desde este mediodía o recinto do Castro...

Neda recibe este mércores a visita dun dos ‘foodtruck’ da campaña GALICIA SABE AMAR

0
Neda recibirá este mércores a visita dun dos foodtruck da campaña GALICIA SABE AMAR, destinada a promocionar os produtos do mar de Galicia, e...

Publicacións Relacionadas