Home Deputacións Deputación Pontevedra O PSdeG-PSOE traslada á Deputación o malestar de colectivos de Meis, das...

O PSdeG-PSOE traslada á Deputación o malestar de colectivos de Meis, das monxas de Armenteira e do propio Concello e esixe a Luís López que explique dunha vez o futuro da Oficina de Turismo do Mosteiro

- Anuncio -

Ana Laura Iglesias cualifica “dunha broma de pésimo gusto os peregrinos argumentos do goberno e pide unha resposta seria. O presidente ten que falar disto e deixar de esconderse”

“Senón fora porque falamos dun tema tan grave, as inexistentes explicacións da Deputación ou os hilarantes argumentos de fontes próximas ao goberno sobre o peche a escondidas da Oficina de Turismo do Mosteiro de Armenteira serían para rir ou chorar porque é inconcibible que pensen que a xente é parva”. Así se manifestou a portavoz do Grupo Provincial do PSDG-PSOE, Ana Laura Iglesias, que insistiu hoxe en que o presidente Luís López ten que saír a explicar “como foi posible que un goberno faga o que fixo, e como o fixo, non dando resposta ao escrito das monxas coa súa vontade de renovar o convenio, decidindo un peche unilateral da oficina, levándose os mobles a escondidas e sen informar a ninguén”.
Despois da denuncia do Grupo do PSdeG-PSOE, a deputada confirmou o malestar e a preocupación de colectivos e asociacións de Meis ante o sucedido, das propias relixiosas do Mosteiro, que ven incomprensible a actuación da Deputación, e do Concello de Meis que non pode entender como, “en aras alo menos da mínima lealdade institucional, tampouco foi informado deixando ao turismo orfo de información da comarca e do Mosteiro, así como polo dano que se fai á propia oferta de Rías Baixas cando se enchen a boca con todo o contrario”.
Ana Laura Iglesias ironizou sobre “o peregrino argumento de que pechan a Oficina porque a Igrexa está pechada cando, por un lado, o turismo pode visitar igualmente o Claustro e toda a oferta de Meis e o Salnés coa información desta Oficina e, por outro, non se poñen colorados falando do peche da Igrexa cando non moveron un dedo levando case un ano no goberno, nin tampouco o fixo a Xunta de Galicia, para apoiar ao Concello de Meis que leva meses loitando en solitario para que o Arcebispado reabra o templo”.
Por elo, Ana Laura Iglesias foi tallante afirmando “que levaremos este tema onde faga falta ata que o goberno ofreza unha explicación seria e diga sen rodeos cal vai ser o futuro da instalación e se van a deixar abandonada á xente de Armenteira. O presidente ten que saír a explicar que está pasando e deixarse de escusas de mal pagador”. Do mesmo xeito, tamén preguntou que vai pasar con toda a tecnoloxía da que foi dotada a Oficina para dixitalizala co programa “Tourist Inside”, ademais “da penosa imaxe que lanzan desde a Deputación pechando unha instalación de máxima excelencia como o certifican as sucesivas Q de Calidade que ostenta”.
Nese sentido, a deputada lamentou “o incrible discurso do presidente na Gala do Turismo desta semana, falando de dixitalización, excelencia e sustentabilidade cando os feitos coa Oficina de Turismo de Armenteira deixan moi claro onde se sitúa a actual Deputación”.

Relacionadas

A Deputación oferta esta semana dúas novas accións formativas dentro do programa SmartPeme

0
Os obradoiros, que se desenvolven de xeito telemático, centraranse en ciberseguridade e programación A Deputación de Pontevedra, a través do programa SmartPeme de asesoramento tecnolóxico...

A Deputación organiza no Museo de Pontevedra unha xornada sobre Alfredo García Alén, figura...

0
A actividade terá lugar o xoves 30 de maio no Edificio Castelao e nela abordarase a traxectoria vital de García Alén, a súa faceta...

A Deputación leva esta semana a Soutomaior as XX Xornadas de Xenealoxía, Heráldica e...

0
As xornadas terán lugar entre este martes, 21 de maio, e o xoves 23 na Sala do Tapiz do Castelo de Soutomaior e abranguen...

A Deputación leva ata Ponte Caldelas o programa “Aquí faltan páxinas” para afondar na...

0
A deputada de Igualdade, Sandra Bastos, abrirá o faladoiro este xoves 23 de maio, ás 19:00 horas, na Casa da Cultura da vila, e...

A Deputación organiza no seu Edificio Administrativo cursos de español gratuítos para que inmigrantes...

0
A deputada de Benestar Social, Sandra Bastos, inaugurará o luns 20 de maio, ás 16:00 horas, esta acción formativa na que van participar máis...

A Deputación celebra a integración do Museo de Pontevedra en CODART, unha rede de...

0
“Con esta noticia completamos unha semana de grandes avances liderados polo Museo de Pontevedra para converter á provincia no epicentro cultural internacional”, remarcou o...

Publicacións Relacionadas