Home Pontevedra Deza A xestión de residuos na administración local centrou hoxe o congreso Concellos...

A xestión de residuos na administración local centrou hoxe o congreso Concellos 2030 no marco de ExpoMunicipal 2024

- Anuncio -
  • PARTICIPARON PRETO DUNHA VINTENA DE PROFESIONAIS, OS CALES ABORDARON TEMAS COMO A AXENDA 2030, A ESTRATEXIA GALLEGA DE BIORRESIDUOS, O RETORNO CONTROLADO DE ENVASES OU CASOS DE ÉXITO NA IMPLANTACIÓN DE MATERIA ORGÁNICA
  • ESTA I FEIRA DE SERVIZOS MUNICIPAIS CELEBRARASE ATA O SÁBADO NO RECINTO FEIRA INTERNACIONAL DE GALICIA ABANCA

A I Feira de Servizos Municipais, ExpoMunicipal 2024, a cal se celebra dende hoxe ata o sábado na Feira Internacional de Galicia ABANCA e de forma paralela ao salón de enerxía Enerxétika, acolle durante as xornadas de hoxe e mañá o Congreso Concellos 2030.

Esta interesante cita pretende compartir información sobre sustentabilidade entre técnicos e responsables das administracións locais e empresas vencelladas á xestión dos recursos públicos, centrándose estes días no ciclo de auga, o aforro enerxético, a xestión dos residuos e a mobilidade urbana, pilares básicos para acadar concellos máis sostibles.

Hoxe o congreso, que completou o seu aforo, abordou a xestión de residuos, abrindo a cita a axenda 2030, sobre a que falou Uxía Diz, técnica de proxectos do Instituto para o Crecemento Sostible da Empresa (ICSEM). A continuación, explicouse a estratexia galega de biorresiduos, por parte de Paula Uría, subdirectora xeral de Residuos da Xunta de Galicia, para logo debullar a lei de residuos e a administración local con José Pernas, profesor titular de dereito administrativo da Universidade de A Coruña.

Seguiuno Benito Blanco, xerente de proxectos de residuos no grupo Applus+ cunha intervención sobre 2025 e o límite legal para as novas taxas e ordenanzas medioambientais. Sobre tecnoloxía para o peche de colectores falou Juan Carlos Cortés, director comercial en Citisend, mentres que do retorno controlado de envases fixo o propio Iván González, xerente de desenvolvemento de negocios en Candam Tech.

A xornada pechouse expoñendo casos de éxito na implantación de materia orgánica, sendo a moderadora Arancha Mañas, presidenta da Asociación Profesional de Empresas Medioambientais de Galicia (Aproema), e participando Jesús Domínguez, concelleiro de Sustentabilidade Ambiental de Santiago de Compostela; Lino Mouriño, concelleiro de Servizos de Vilagarcía de Arousa; Paula Fernández, alcaldesa de Silleda, e José Ramón Martínez, concelleiro de Medio Ambiente e Servizos de Laracha.

Enerxía, auga e mobilidade

Este congreso continuará mañá no marco de ExpoMunicipal, que o acolle no seu marco coa colaboración da Feira Internacional de Galicia ABANCA, a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), a Asociación Profesional de Empresas Medioambientais de Galicia (APROEMA) e o Clúster Galego de Solucións Ambientais e Economía Circular (VIRATEC).

Os temas que se debullarán mañá por parte de máis dunha ducia de profesionais serán aforro enerxético, ciclo da auga e mobilidade urbana.

Relacionadas

Xosé Enrique Acuña conducirá este venres unha última visita guiada á exposición ‘Castelao: o...

0
A visita co comisario da mostra será o venres 31 de maio ás 19:00 h, e non será necesaria a inscrición previa Aproveitando os últimos...

A Deputación convoca un concurso escolar para animar aos mozos a participar no deseño...

0
“Deseña a túa provincia con Minecraft”, “Challenge Kahoot!: Coñece a Axenda Urbana” e “Caderno da Axenda Urbana” están dirixidos ao alumnado de educación primaria,...

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, na inauguración do Congreso Flúor

0
O vicepresidente da Deputación, Rafa Domínguez, acaba de participar na inauguración do Congreso Flúor, no que o publicista Lluis Bassat encargouse de pronunciar a...

O Concello de Nigrán prepara un dispositivo especial de San Xoan que prohibirá e...

0
Policía Local, Protección Civil e Garda Civil vixiarán con drons todo o areal e controlarán desde a mañá o acceso ás praias para impedir...

A Xunta realiza labores de conservación e mellora no río Tomeza, ao seu paso...

0
As tarefas céntranse nun treito de preto de 600 metros e inclúen a roza puntual e selectiva de arbustos e a retirada de árbores...

A Deputación destina 50.000 euros á Misión Biolóxica de Galicia para que transfira o...

0
Organizaranse actividades de difusión que abranguen desde visitas de agricultores, produtores ou pequenas e medianas empresas á Misión Biolóxica, ata encontros e campañas en...

Publicacións Relacionadas