A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra destacou a vontade de colaboración cos municipios da provincia para o impulso de eventos e da práctica deportiva
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, reuniuse esta semana con Paz Pérez, tenente de alcalde do Concello de Lalín, e Avelino Souto, concelleiro de Deportes. Nun encontro nas instalacións municipais, tiveron a oportunidade de explorar posibles vías de colaboración no ámbito deportivo, valorando a posibilidade de desenvolver conxuntamente proxectos que poidan resultar estratéxicos para a comarca do Deza.
Neste sentido, a responsable provincial destacou o enorme potencial da provincia para acoller todo tipo de eventos deportivos, e manifestou o compromiso e a vontade da Deputación de Pontevedra de apoiar e impulsar as celebracións que teñan aos deportistas ou a promoción deportiva no seu punto de mira.