Home Tabeirós Cerdedo - Cotobade Luis López pon de exemplo a obra de mellora da estrada entre...

Luis López pon de exemplo a obra de mellora da estrada entre Almofrei e Xesteira como mostra do compromiso da Deputación coa rede de estradas provinciais

- Anuncio -

O presidente provincial, acompañado polos deputados Isabel Couselo e Jorge Cubela, percorreu un treito desta estrada na que a Deputación inviste máis de 665.000 euros

No último pleno aprobouse o inicio da contratación do servizo de mantemento de estradas provinciais para os vindeiros cinco anos por un importe de 38,9 millóns

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, destacou a vocación municipalista do goberno provincial e a importancia da colaboración entre institucións para mellorar as infraestruturas da provincia como a estrada provincial EP-0405 entre as localidades de Xesteira e Almofrei, en Cerdedo-Cotobade, que están sendo obxecto dunha obra de ampliación e mellora da seguridade viaria ao longo dun treito de 1,5 quilómetros. “Este tipo de obras é unha desas iniciativas que dan sentido á acción de goberno da Deputación”, afirmou Luis López, facendo referencia ao cumprimento das responsabilidades do organismo provincial de garantir o bo estado e a seguridade viarias das estradas da súa titularidade, á mellora dos servizos para a veciñanza e á cooperación leal entre administracións.

A actuación, que é froito dun convenio de colaboración entre a Deputación e o Concello de Cerdedo-Cotobade, conta cun orzamento total de 950.000 euros, dos que o goberno provincial achega o 70 %, arredor de 665.000 euros, mentres que o goberno local asume o 30 % restante, uns 285.000 euros, e o custo total das expropiacións e cesión dos terreos que rolda os 2.000 euros. Os traballos, que comezaron hai menos dun mes e deben estar rematados nun prazo de seis meses, consisten no ancheamento e mellora da seguridade viaria dun treito de 1,5 quilómetros entre os núcleos de Xesteira e Almofrei. Para logralo, o proxecto contempla a ampliación do ancho da vía ata un mínimo de 7 metros e a implantación de beiravías e cunetas transitables, así como a creación de zonas de convivencia á altura de dous núcleos con casas coa instalación dunha plataforma sobreelevada de formigón coloreado. Do mesmo xeito, colocaranse elementos de calmado de tráfico, soterraranse as redes de pluviais e de alumeado e haberá nova sinalización vertical e horizontal.

Neste sentido, cómpre lembrar que no último pleno a Deputación aprobou o inicio do expediente de contratación para o servizo de mantemento e conservación das estradas municipais. Un contrato que terá unha vixencia de cinco anos e un importe total de 38,9 millóns de euros co que o goberno provincial cumpre coas súas competencias de manter as estradas da súa titularidade no mellor estado posible.

Acompañado polo alcalde de Cerdedo-Cotobade e deputado provincial, Jorge Cubela, así como pola deputada responsable de Infraestruturas, Isabel Couselo; o titular do goberno da Deputación fixo fincapé no carácter municipalista que comparten os gobernos local e provincial. Un apoio que se ve reflexado en convenios como este ou noutro asinado a finais do ano pasado para mellorar a seguridade viaria entre Serrapio e Portela, unha obra que está a piques de rematar.

Un municipalismo que tamén é notable en programas como o +Provincia, que por primeira vez ten en conta as necesidades de concellos como o de Cerdedo-Cotobade en asuntos como o reto demográfico para un reparto de fondos máis xusto; na posta en marcha dun plan estratéxico para a xuventude que contribúa a fixar poboación nos núcleos rurais, ou na colaboración co tecido asociativo da provincia a través de iniciativas como o Plan +Aqua, para unha mellor xestión dos recursos hídricos; ou o Provincia Comunitaria, para potenciar as actividades dos colectivos veciñais. Neste sentido, Luis López deu os parabéns ao alcalde Jorge Cubela pola súa traxectoria e por compartir esa preocupación polo avance dos concellos. “O teu, como o noso, si que é municipalismo”, rematou o presidente.

Relacionadas

A Deputación oferta esta semana dúas novas accións formativas dentro do programa SmartPeme

0
Os obradoiros, que se desenvolven de xeito telemático, centraranse en ciberseguridade e programación A Deputación de Pontevedra, a través do programa SmartPeme de asesoramento tecnolóxico...

A Deputación organiza no Museo de Pontevedra unha xornada sobre Alfredo García Alén, figura...

0
A actividade terá lugar o xoves 30 de maio no Edificio Castelao e nela abordarase a traxectoria vital de García Alén, a súa faceta...

A Deputación leva esta semana a Soutomaior as XX Xornadas de Xenealoxía, Heráldica e...

0
As xornadas terán lugar entre este martes, 21 de maio, e o xoves 23 na Sala do Tapiz do Castelo de Soutomaior e abranguen...

A Deputación leva ata Ponte Caldelas o programa “Aquí faltan páxinas” para afondar na...

0
A deputada de Igualdade, Sandra Bastos, abrirá o faladoiro este xoves 23 de maio, ás 19:00 horas, na Casa da Cultura da vila, e...

A Deputación organiza no seu Edificio Administrativo cursos de español gratuítos para que inmigrantes...

0
A deputada de Benestar Social, Sandra Bastos, inaugurará o luns 20 de maio, ás 16:00 horas, esta acción formativa na que van participar máis...

A Deputación celebra a integración do Museo de Pontevedra en CODART, unha rede de...

0
“Con esta noticia completamos unha semana de grandes avances liderados polo Museo de Pontevedra para converter á provincia no epicentro cultural internacional”, remarcou o...

Publicacións Relacionadas