Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación leva ata A Estrada o programa “Aquí faltan páxinas” para...

A Deputación leva ata A Estrada o programa “Aquí faltan páxinas” para afondar na figura pioneira de Avelina Valladares

- Anuncio -

A deputada de Igualdade, Sandra Bastos, abrirá o faladoiro este xoves 18 de abril, ás 19:00 horas, no Museo do Moble e a Madeira da vila, e a xornalista estradense Laura Filloy, será a encargada de detallar a vida e traxectoria desta muller pioneira

A loita de Avelina Valladares por ocupar un espazo propio nas letras protagonizará este xoves no Museo do Moble e a Madeira da Estrada unha nova entrega do programa da Deputación “Aquí faltan páxinas”. A deputada de Igualdade, Sandra Bastos, abrirá o faladoiro ás 19:00 horas e a xornalista estradense Laura Filloy, autora do artigo “Avelina Valladares, a muller sen rostro”, será a encargada de detallar a vida e traxectoria desta muller pioneira das letras.

O faladoiro, que se poderá seguir a través da web da Deputación de Pontevedra, irá acompañado dun pódcast do que se poderá desfrutar desde este xoves tanto na web institucional como en Ivoox e Spotify. Nel recordarase a Valladares como unha das primeiras mulleres en escribir artigos de opinión na prensa, ademais de ser precursora no emprego da lingua galega nalgúns dos seus poemas. Nun século XIX marcado pola inestabilidade política e a recuperación do galego na escritura, as voces do seu tempo eloxiárona e comparárona con Rosalía de Castro, Emilia Pardo Bazán e Concepción Arenal. Ademais dos seus textos, deixou constancia do seu talento en composicións musicais e en debuxos executados con destreza.

A segunda colección do programa “Aquí faltan páxinas”, que busca enxalzar a figura de grandes mulleres vinculadas á provincia e relevantes na historia, comezou o pasado mes de febreiro coa figura da pintora Carmen Babiano e, amais de Avelina Valladares, tamén contempla a traxectoria de mulleres como a física Inmaculada Paz Andrade; a política e activista Urania Mella; a combatente María Araujo; a raíña Urraca I de León, “A temeraria”; as madriñas de San Simón; as leiteiras de Pontevedra; a pintora Mercedes Ruibal; a música María Pardo; a fotógrafa Mary Quintero, e a mestra Placeres Castellanos.

Relacionadas

A Deputación oferta esta semana dúas novas accións formativas dentro do programa SmartPeme

0
Os obradoiros, que se desenvolven de xeito telemático, centraranse en ciberseguridade e programación A Deputación de Pontevedra, a través do programa SmartPeme de asesoramento tecnolóxico...

A Deputación organiza no Museo de Pontevedra unha xornada sobre Alfredo García Alén, figura...

0
A actividade terá lugar o xoves 30 de maio no Edificio Castelao e nela abordarase a traxectoria vital de García Alén, a súa faceta...

A Deputación leva esta semana a Soutomaior as XX Xornadas de Xenealoxía, Heráldica e...

0
As xornadas terán lugar entre este martes, 21 de maio, e o xoves 23 na Sala do Tapiz do Castelo de Soutomaior e abranguen...

A Deputación leva ata Ponte Caldelas o programa “Aquí faltan páxinas” para afondar na...

0
A deputada de Igualdade, Sandra Bastos, abrirá o faladoiro este xoves 23 de maio, ás 19:00 horas, na Casa da Cultura da vila, e...

A Deputación organiza no seu Edificio Administrativo cursos de español gratuítos para que inmigrantes...

0
A deputada de Benestar Social, Sandra Bastos, inaugurará o luns 20 de maio, ás 16:00 horas, esta acción formativa na que van participar máis...

A Deputación celebra a integración do Museo de Pontevedra en CODART, unha rede de...

0
“Con esta noticia completamos unha semana de grandes avances liderados polo Museo de Pontevedra para converter á provincia no epicentro cultural internacional”, remarcou o...

Publicacións Relacionadas