Home Xunta de Galicia Galicia aposta no Comité Europeo das Rexións por un mecanismo para superar...

Galicia aposta no Comité Europeo das Rexións por un mecanismo para superar os obstáculos entre Fronteiras Eurpeas

- Anuncio -

— O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE interveu durante o pleno para amosar o apoio galego á creación dunha ferramenta para facilitar as relacións entre fronteiras europeas

— Outras cuestións de relevancia para Galicia durante esta sesión foron os ditames sobre a xestión das poboacións de grandes carnívoros nas zonas rurais europeas ou sobre a regulación dos vexetais obtidos mediante novas técnicas xenómicas

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou na sesión plenaria do Comité Europeo das Rexións (CdR), onde Galicia presentou 21 emendas a catro dos ditames sometidos a aprobación.

Un dos máis relevantes para a comunidade foi o ditame sobre a ferramenta de facilitación transfronteiriza. Calcúlase que a eliminación do 20% das barreiras e obstáculos xurídicos e administrativos actuais entre rexións de fronteira na UE -entre as que se atopa Galicia, que conforma unha Eurorrexión xunto co Norte de Portugal- permitiría aumentar o seu PIB nun 2% e crear nelas ata un millón de empregos.

O director xeral destacou as “importantes relacións económicas, sociais e culturais entre Galicia e Portugal, que se ven moitas veces socavadas por obstáculos derivados das fronteiras e que afectan ao transporte, á prestación de servizos públicos ou ao desenvolvemento empresarial”. “Por iso apoiamos un mecanismo transfronteirizo como este, que permita superar estas barreiras por medio de puntos de coordinación, engadiu.”

Coexistencia dos grandes carnívoros coas actividades agrarias
De entre os outros 13 ditames aprobados nesta sesión plenaria, cómpre salientar o relativo á xestión das poboacións de grandes carnívoros en Europa, que destaca a necesidade de lograr un equilibrio entre a protección de especies como o oso, o lince ou -especialmente para Galicia- o lobo, e a dos seres humanos e as actividades agrícolas nas zonas rurais.

Mediante a presentación de 13 emendas a este ditame, a Xunta fixo énfase na necesidade de avaliar periodicamente o estado de conservación destas especies para garantir niveis de protección e xestión adecuados, e solicitou un maior apoio público para que as comunidades rurais e os agricultores poidan aplicar medidas de prevención axeitadas e facer fronte aos danos causados por grandes carnívoros.

Ademais dos anteriores, o Goberno galego presentou emendas a outros dous ditames: un sobre a primeira proposta de lexislación europea para regular a distribución e comercialización de vexetais producidos mediante os métodos máis novidosos de modificación xenética (coñecidos como “novas técnicas xenómicas”); e outro sobre a promoción da mobilidade na aprendizaxe como ferramenta para impulsar o desenvolvemento das competencias e o talento na UE.

Outros puntos destacados
Este pleno contou, ademais, coa celebración de debates sobre o paquete de ampliación da Unión Europea de 2023, os sistemas de protección da infancia a nivel local e rexional e as eleccións ao Parlamento Europeo do vindeiro 9 de xuño. Por vía de urxencia, adoptouse unha resolución sobre a política de cohesión despois de 2027 como resposta ao noveno Informe da Cohesión publicado a finais de marzo.

Os máis de 300 representantes locais e rexionais abordaron tamén os resultados do pasado Cumio Europeo de Rexións e Cidades celebrado en Mons, a próxima creación dun órgano interinstitucional de ética da UE e a proposta de orzamento do Comité Europeo das Rexións para 2025.

Comité Europeo das Rexións
O Comité Europeo das Rexións é a asemblea consultiva na que están representados os entes locais e rexionais da Unión Europea. A sesión plenaria do CdR reúnese seis veces ao ano. En representación da comunidade, o membro titular é o propio presidente da Xunta, mentres que o cargo de membro suplente recae no director xeral de Relacións Exteriores e coa UE.

Relacionadas

A Xunta destaca o Plan de Transporte Público de Galicia como garante de sostibilidade,...

0
A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, interveu hoxe na Comisión 2ª do Parlamento para abordar os avances producidos no marco deste instrumento de...

A consellería de Educación impulsará a FP Dual no instituto de Valga con novos...

0
A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, visita o centro para avanzar sobre estas novas colaboracións A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, visitou hoxe...

Cada galego reciclou o ano pasado 30,3 kg de envases lixeiros e de papel-cartón,...

0
Segundo os datos de Ecoembes, recuperáronse un total de 73.687 toneladas deste tipo de refugallos domésticos ao longo de 2023, dos cales o 64%...

Rueda avalía co embaixador da China novas oportunidades de negocio para as empresas galegas

0
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo esta tarde na Coruña un encontro co embaixador da República Popular China en España, Yao Jing, no...

Belén do Campo reúnese con Juan Carlos García e destaca os investementos por case...

0
A delegada lembrou que o municipio se beneficia dunha axuda da Xunta de máis de 285.000€ para a creación dun punto limpo preto de...

A Xunta inxecta preto de 2M€ no Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía, CICA...

0
O secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez, visita este centro da Universidade da Coruña centrado na biomedicina, a nanociencia e a alimentación A Xunta...

Publicacións Relacionadas