Home Pontevedra O Condado O segundo venres de Pinchoterra supera todas as expectativas con máis de...

O segundo venres de Pinchoterra supera todas as expectativas con máis de 3000 pinchos vendidos

- Anuncio -

A ruta que continúa este venres reforazará a oferta co fin de atraer máis público que non puido degustar os pinchos.
A I Ruta Pinchoterra de Salvaterra de Miño bate récords no segundo venres con máis de 3000 pinchos vendidos entre os 26 establecementos adheridos. Xa na primeira xornada que inauguraba a iniciativa foran máis de 2000 os pinchos servidos e deixando ó público sen poder probar moitos deles tras esgotar existencias.
Mañá venres continúa a ruta na que os hostaleiros reforzarán de novo o servizo que prevé unha nova xornada de éxito cos locais cheos.
Recordamos que a iniciativa que parte do Concello de Salvaterra de Miño coa colaboración dos establecementos pretende por en valor o bo facer da nosa hostalaría e a calidade do produto ofertado.
Recordamos que a I Ruta Pinchoterra ten lugar todos os venres do mes de abril e que conta cun sorteo de 37 premios. Aquelas persoas que participen poderán gañar un primeiro premio que consiste nun vale de 260 euros para consumir nos locais adheridos, 26 premios máis aportados polos establecementos e 10 Bonos para o Espazo Termal de Teáns-Oleiros.
Para participar cada consumidor deberá recoller o seu pasaporte nos locais adheridos e conseguir un total de 6 selos (6 pinchos diferentes), cubrir os seus datos persoais e contestar cal foi o seu pincho favorito.
Toda a información referente á ruta como horarios, locais, ubicacións, pinchos e sorteos poderá consultarse na web pinchoterra.concellodesalvaterra.com

Relacionadas

A Deputación leva ata Ponte Caldelas o programa “Aquí faltan páxinas” para afondar na...

0
A deputada de Igualdade, Sandra Bastos, abrirá o faladoiro este xoves 23 de maio, ás 19:00 horas, na Casa da Cultura da vila, e...

A Deputación organiza no seu Edificio Administrativo cursos de español gratuítos para que inmigrantes...

0
A deputada de Benestar Social, Sandra Bastos, inaugurará o luns 20 de maio, ás 16:00 horas, esta acción formativa na que van participar máis...

A Deputación celebra a integración do Museo de Pontevedra en CODART, unha rede de...

0
“Con esta noticia completamos unha semana de grandes avances liderados polo Museo de Pontevedra para converter á provincia no epicentro cultural internacional”, remarcou o...

A Deputación de Pontevedra abre no Palacete das Mendoza a exposición “Música e pintura”...

0
A mostra do artista coruñés poderá visitarse na sede de Turismo Rías Baixas ata o vindeiro 2 de xuño A Deputación de Pontevedra acaba de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este sábado a Bueu co concerto de...

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este domingo a Rodeiro con Boyanka Kostova

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

Publicacións Relacionadas