Home A Coruña O alcalde de Miño e o presidente da Deputación visitan as obras...

O alcalde de Miño e o presidente da Deputación visitan as obras das beirarrúas de San Xoán de Vilanova

- Anuncio -

● Manuel Vázquez Faraldo e Valentín González Formoso visitaron esta actuación que o ente provincial realizou en territorio miñense con 700.000 euros do Plan Único.

● Visitaron tamén a renovación do pavimento de varios viais na parroquia de Carantoña.

● O rexedor miñense e o presidente provincial atenderon ás peticións da Asociación de Veciños Xarío.

O alcalde de Miño, Manuel Vázquez Faraldo, acompañado do presidente da Deputación dá Coruña, Valentín González Formoso, visitaron esta mañá as recentemente terminadas obras das beirarrúas de San Xoán de Vilanova. Esta actuación, executada polo ente provincial en territorio miñense e que supera os 700.000 euros de investimento, está financiada con fondos do Plan Único provincial.
Os traballos afectaron o tramo desde o apeadeiro ata Andel, nas marxes da estrada que une Perbes e Campolongo. O obxectivo destas obras, que consistiron esencialmente na renovación das beirarrúas e das instalacións de saneamento, abastecemento e recollida de augas, é a mellora da seguridade viaria nunha zona peonil altamente transitada.

Vázquez Faraldo afirmou que estas obras “dan vida a toda esta zona de San Xoán de Vilanova” e agradeceu ao presidente da Deputación “ou apoio que sempre nos dá e ou compromiso que ten coas veciñas e veciños de Miño”.

A continuación, desprazáronse ata Carantoña, onde puideron comprobar o resultado das obras de repavimentación de varios viais nesta parroquia, uns traballos tamén financiados co POS provincial.
ATENCIÓN VECIÑAL

Vázquez Faraldo e González Formoso visitaron a Asociación de Veciños Xarío, onde compartiron un tempo coas veciñas e veciños da zona, que lles trasladaron as súas impresións sobre a execución das beirarrúas e aproveitaron para solicitar outras melloras na súa parroquia.

Relacionadas

O concello reactiva o comercio local coa segunda edición doprograma de bonos “Eu Merco...

0
1.333 laracheses poderán acceder a unha chequeira de 30 euros para descontar as súas compras no pequeno comercio larachés. O Concello volve mostrar o seu...

Reeabertas á circulación as vías forestais de Montemair que foran danadas pola realización de...

0
A Policía Local emitiu un informe no que se determina que o estado actual permite a circulación en condicións de seguridade. O Concello informa da...

O alumnado do CPI Cruz do Sar expón a súa visión de Bergondo a...

0
· Os nenos e nenas expuxeron e leron as creacións realizadas durante os talleres impartidos pola artista bergondesa Dores Tembrás. O alumnado de 5º e...

O Museo Valle-Inclán pobrense conmemora o Día Internacional dos Museos con visitas comentadas e...

0
No 18 de maio conmemórase o Día Internacional dos Museos e, por tal efeméride, o Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal ofrece unha acción...

Carnota conmemora o Día Internacional dos Museos coa apertura da Caseta de Pepe do...

0
Esta revolucionaria instalación, á que se accede co móbil a través dun código QR, poderá ser visitado durante as 24 horas deste sábado, 18...

Belén do Campo reúnese con Juan Carlos García e destaca os investementos por case...

0
A delegada lembrou que o municipio se beneficia dunha axuda da Xunta de máis de 285.000€ para a creación dun punto limpo preto de...

Publicacións Relacionadas