Home Xunta de Galicia José López destaca a “implicación e iniciativa” dos correspondentes xuvenís e avanza...

José López destaca a “implicación e iniciativa” dos correspondentes xuvenís e avanza novas accións de reforzo da comunicación e contacto coa mocidade

- Anuncio -

— O Conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude visita os mozos e mozas deste programa autonómico de transmisión da información xuvenil, que esta fin de semana participan nun encontro formativo no albergue xuvenil Marina Española
— Lembra que a mocidade é unha prioridade para o Goberno galego, e por iso se continuará traballando desde a transversalidade, abrindo novas oportunidades

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López, visitou esta tarde o centenar de mozos e mozas participantes no encontro autonómico de correspondentes xuvenís, un programa que busca xerar unha canle de comunicación directa coa mocidade e favorecer a transmisión de información de interese á xuventude.

Durante este encontro no albergue xuvenil Marina Española, que se celebra no marco do Día europeo da información xuvenil, destacou a “implicación, iniciativa e ilusión” dos participantes, que ao longo da fin de semana ampliarán a súa formación e desenvolverán ideas de proxectos no ámbito do ocio xuvenil a través dun hackatón.

Neste sentido, o conselleiro prometeu estar moi atento aos resultados por se a algunha destas ideas se lle pode dar forma de programa desde a Xunta de Galicia, e avanzou que esta nova Consellería reforzará a comunicación e o contacto coa mocidade a través de novas liñas de actuación.

Programas coma este, no que participan case 800 mozos e mozas de centros educativos de toda Galicia, axudan a desenvolver coñecementos e habilidades desde a educación non formal como o traballo en equipo, a oratoria, a creatividade ou a iniciativa. “Desde o Goberno galego apostamos por proxectos que incentiven a participación da mocidade e que lles abran camiño no seu futuro laboral, por iso traballaremos desde a óptica de transversalidade e de apertura de novas oportunidades para a xuventude”, remarcou.

Máis de 7.000 mozos beneficiados
O programa Correspondentes Xuvenís, que forma parte do Plan Proxecta, converte o alumando en receptor e transmisor de información no seu centro educativo. A información de relevancia para este alumnado é enviada desde o departamento de Xuventude da Xunta de Galicia e son os propios mozos e mozas de cada centro os encargados de difundila entre os demais compañeiros.

Esta iniciativa, que tamén existe noutras comunidades autónomas, púxose en marcha en Galicia no curso 2013/2014 e non parou de medrar co paso dos cursos. Así mesmo, no ano 2019 ampliouse este programa ao alumnado das universidades galegas, que se denominan Correspondentes Universitarios. Os datos de correspondentes ascenden a máis de 7.000 mozos e mozas implicados desde o comezo das iniciativas.

Relacionadas

A Xunta destaca o Plan de Transporte Público de Galicia como garante de sostibilidade,...

0
A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, interveu hoxe na Comisión 2ª do Parlamento para abordar os avances producidos no marco deste instrumento de...

A consellería de Educación impulsará a FP Dual no instituto de Valga con novos...

0
A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, visita o centro para avanzar sobre estas novas colaboracións A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, visitou hoxe...

Cada galego reciclou o ano pasado 30,3 kg de envases lixeiros e de papel-cartón,...

0
Segundo os datos de Ecoembes, recuperáronse un total de 73.687 toneladas deste tipo de refugallos domésticos ao longo de 2023, dos cales o 64%...

Rueda avalía co embaixador da China novas oportunidades de negocio para as empresas galegas

0
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo esta tarde na Coruña un encontro co embaixador da República Popular China en España, Yao Jing, no...

Belén do Campo reúnese con Juan Carlos García e destaca os investementos por case...

0
A delegada lembrou que o municipio se beneficia dunha axuda da Xunta de máis de 285.000€ para a creación dun punto limpo preto de...

A Xunta inxecta preto de 2M€ no Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía, CICA...

0
O secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez, visita este centro da Universidade da Coruña centrado na biomedicina, a nanociencia e a alimentación A Xunta...

Publicacións Relacionadas