Home A Coruña Inés Rey reivindica o valor para a cidade da Escola Municipal de...

Inés Rey reivindica o valor para a cidade da Escola Municipal de Música na gala polo seu 25 aniversario

- Anuncio -

“A esencia desta institución non é só formar músicos, senón tamén persoas”, dixo a alcaldesa

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, interveu esta tarde na gala polo 25 aniversario da Escola Municipal de Música, realizada no Teatro Colón. A rexedora estivo acompañada polo concelleiro da Área de Fomento e Promoción da Cidade, Gonzalo Castro. Á gala asistiron o alumnado, equipo docente e persoal da Escola, así como exalumnos e exalumnas e representantes das entidades musicais da cidade.

“A esencia desta Escola non é só formar ao seu alumnado musicalmente, senón que tamén forma persoas, e destaca pola boa convivencia que se respira aquí desde a súa fundación, cun clima de respecto e tolerancia que fai que o seu funcionamento sexa exemplar”, indicou Inés Rey durante o seu discurso. A rexedora, acompañada no escenario pola directora do centro, Elena Umbría, entregoulle un agasallo especial a José Antonio Acuña, antigo director e grande impulsor da institución formativa.

“Estou segura de que os seguintes 25 anos serán igual de proveitosos para esta Escola e a cidadanía poderá seguir gozando das súas actuacións nos numerosos eventos que acolle a nosa cidade”, sinalou a alcaldesa. A Escola Municipal de Música naceu o 22 de novembro de 1998 e polas súas aulas pasaron máis de 10.000 alumnos e alumnas. Na actualidade conta con máis de 600 persoas matriculadas nas distintas disciplinas do seu plan de estudos.

Relacionadas

O concello reactiva o comercio local coa segunda edición doprograma de bonos “Eu Merco...

0
1.333 laracheses poderán acceder a unha chequeira de 30 euros para descontar as súas compras no pequeno comercio larachés. O Concello volve mostrar o seu...

Reeabertas á circulación as vías forestais de Montemair que foran danadas pola realización de...

0
A Policía Local emitiu un informe no que se determina que o estado actual permite a circulación en condicións de seguridade. O Concello informa da...

O alumnado do CPI Cruz do Sar expón a súa visión de Bergondo a...

0
· Os nenos e nenas expuxeron e leron as creacións realizadas durante os talleres impartidos pola artista bergondesa Dores Tembrás. O alumnado de 5º e...

O Museo Valle-Inclán pobrense conmemora o Día Internacional dos Museos con visitas comentadas e...

0
No 18 de maio conmemórase o Día Internacional dos Museos e, por tal efeméride, o Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal ofrece unha acción...

Carnota conmemora o Día Internacional dos Museos coa apertura da Caseta de Pepe do...

0
Esta revolucionaria instalación, á que se accede co móbil a través dun código QR, poderá ser visitado durante as 24 horas deste sábado, 18...

Belén do Campo reúnese con Juan Carlos García e destaca os investementos por case...

0
A delegada lembrou que o municipio se beneficia dunha axuda da Xunta de máis de 285.000€ para a creación dun punto limpo preto de...

Publicacións Relacionadas