Free Porn
xbporn
Home Baixo Miño A Guarda EuRural participa como experto nun foro europeo de innovación no rural liderada...

EuRural participa como experto nun foro europeo de innovación no rural liderada por mulleres

- Anuncio -

Está estes días en Cracovia no ‘Women-led innovations in agriculture and rural areas, un encontro no que intercambiar experiencias e tecer redes de colaboración

As mulleres son actores clave na economía rural, non obstante, a pesar da súa crucial contribución moitas sofren un papel bastante invisible, enfrontando numerosos desafíos. Precisamente polo seu traballo dando protagonismo ás mulleres do territorio que cada día traballan para crear un rural mellor no Foro da Muller, EuRural está a participar estes días en Cracovia no ‘Women-led innovations in agriculture and rural areas’, un encontro europeo de expertas organizado pola EU PAC Networks no que se están abordando diferentes iniciativas e innovacións lideradas por mulleres en zonas rurais, ao tempo que se intercambian coñecementos, se visitan experiencias de éxito e se tecen redes de colaboración.

Coa súa participación neste foro de expertas en Polonia Eu Rural puxo en valor o traballo das mulleres do territorio, así como de todas as mulleres rurais, e estivo en contacto con numerosas autoridades e expertas europeas dos máis variados ámbitos rurais. O equipo técnico de EuRural participou nas diferentes visitas de campo para coñecer experiencias de mulleres inspiradoras. Deste xeito, coñeceron a Agnieszka Sendor, unha muller que leva xunto á súa nai unha granxa de peixes a través da que promoven os produtos locais, coa que gañaron o premio Most Innovative Women Farmers in Europe en 2018. Foi toda unha experiencia charlar de xeito distendido con c unha muller que participa de forma activa en diversos organismos rexionais e nacionais sobre política agraria.

Pertencendo ao un territorio no que o sector vitivinícola é un dos seus sinais de identidade, resultou especialmente interesante o encontro con Katarzyna Fluder, que durante máis dunha ducia de anos leva coidando e explotando un viñedo de case dúas hectáreas de forma orgánica e sostible, apostando por viños creados utilizando métodos tradicionais sen interferir demasiado na natureza.

Coa súa participación neste encontro, EuRural busca achegar o seu gran de area para demostrar que o agro e as zonas rurais poden ser lugares atractivos para as mulleres, especialmente para desenvolver as súas ideas comerciais e aplicar os seus enfoques innovadores, convertendo o territorio en referencia de futuro.

Relacionadas

A Deputación recibe a Héctor Abad Faciolince na antesala do encontro Pontevedra Literaria

0
A Deputación de Pontevedra recibiu este xoves a Héctor Abad Faciolince, un dos autores que encabezan o cartel do encontro Pontevedra Literaria. Xuventude e...

O concello de Nigrán ofrece o domingo o teatro inmersivo de pallasos en rebeldía...

0
Trátase dunha montaxe teatral plantexada como unha experiencia participativa que converte ao espectador nun refuxiado máis. A obra denuncia a traxedia que as políticas...

O BNG esixe unha actuación para acabar coa ‘Escombreira’ da parcela existente entre Progreso...

0
Os nacionalistas dan voz ás queixas de varios veciños e veciñas do casco urbán de Sanxenxo, que amosan a súa preocupación polo mal estado...

O alcalde de Nigrán supervisa en Mozambique os novos proxectos de cooperación doo Fondo...

0
Juan González acude en calidade de presidente desta entidade supramunicipal xunto a representantes de As Neves e Viveiro co obxectivo de definir as futuras...

A Deputación supervisa os traballos de execución de cunetas de seguridade na estrada provincial...

0
A deputada Isabel Couselo recorreu esta actuación de seguridade viaria que se está a desenvolver nesta estrada provincial ao abeiro no acordo marco de...

O BNG de Vigo pide explicacións ao Goberno municipal polo atraso nas axudas de...

0
Denuncian que despois de máis dun mes de finalizado o prazo de solicitude das becas nada se sabe sobre a súa xestión A fronte nacionalista...

Publicacións Relacionadas