Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación aproba unha achega por valor de 70.000 euros para realizar...

A Deputación aproba unha achega por valor de 70.000 euros para realizar melloras no campo de fútbol do Oural, en Salvaterra de Miño

- Anuncio -

O presidente Luis López avanza que a actuación será financiada integramente pola institución provincial xa que aos 70.000 € do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas hai que engadir outra achega de máis de 18.000 € do Plan +Provincia

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de aprobar este venres unha achega ao concello de Salvaterra de Miño no marco do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas da Deputación, dotado de 4 millóns de euros. Con esta achega, que ascende a máis de 70.000 euros, Salvaterra de Miño actuará no acondicionamento dos vestiarios do campo de fútbol do Oural.

Tal e como explicou o presidente da Deputación, Luis López, a actuación será integramente financiada pola institución provincial xa que, ademais destes recursos, contará con outra achega de máis de 18.000 euros, neste caso do Plan +Provincia, ata chegar a máis de 88.000 euros. As obras permitirán acondicionar os locais localizados baixo a grada do campo que agora se viñan empregando como almacéns. Na actualidade o campo conta con outros dous vestiarios (e outro pequeno para colexiados), que resultan insuficientes nos días de adestramento ou partido. O novo espazo contará con medidas de illamento e eficiencia enerxética, e terá candansúa zona para cambiarse, outra de duchas e mais unha cabina individual accesible.

Ata o momento, a Deputación de Pontevedra xa mobilizou máis de 1,7 millóns de euros dos 4 millóns do orzamento total deste Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas. Por agora aprobáronse axudas para os concellos de Arbo, Baiona, Barro, Cangas, A Cañiza, Catoira, Cerdedo-Cotobade, Covelo, Crecente, A Estrada, Fornelos de Montes, Gondomar, Lalín, Marín, Meis, Mondariz-Balneario, Moraña, As Neves, Pazos de Borbén, Poio, Redondela, Salvaterra de Miño, Salceda de Caselas, Valga, Vilaboa e Vilagarcía de Arousa.

Relacionadas

Avanza con forza a recuperación do Conxunto Histórico de Tui

0
En 2024 foron viabilizados máis de 12 proxectos no marco do PEPCHA e xestionadas máis de 40 obras menores Rehabilitación de inmobles para destinalos a...

A Deputación mobiliza maquinaria para traballos de prevención polas xeadas nas estradas provinciais en...

0
Trala previsión de baixas temperaturas na provincial, os equipos e maquinaria da Deputación de Ourense, destinados ao Plan de Vialidade Invernal, iniciaron esta mesma...

A Deputación mobiliza 683.000 euros en axudas para diversas actividades como o fomento de...

0
O goberno provincial sacou adiante a aprobación das bases reguladoras do concurso para a concesión de subvencións para o fomento do Termalismo Social nos...

A Biblioteca Municipal entregou os diplomas á vintena de persoas que máis libros retirou...

0
Coincidindo co Día dos Usuarios tamén recoñeceu o labor de Ramón Amado no bo funcionamento da Casa dos Libros Orfos A Biblioteca Municipal de Tui...

O Concello de Campo Lameiro insta a Movistar a substituir os vellos postes de...

0
Asegura que a instalación está obsoleta con continuas incidencias que provocan que moitas poboacións, de xeito reiterado, se queden ailladas desde un punto de...

A Deputación abre este luns o prazo para solicitar as visitas a granxas escola...

0
O programa dobra o seu orzamento respondendo á grande acollida da primeira edición, que esgotou a totalidade do seu crédito en cuestión de horas Os...

Publicacións Relacionadas