HomeO MorrazoMarín200 persoas inscritas para a andaina cultural deste domingo

200 persoas inscritas para a andaina cultural deste domingo

- Anuncio -spot_img

A andaina percorrerá a Ruta de Montes e Praias e contará co actuación do Coro de Cámara Thalassa na Igrexa de Santa María do Campo

Xa son 200 as persoas inscritas na que será a primeira andaina da primavera organizada polo Concello de Marín, 15 quilómetros polos montes e praias da nosa vila, cunha parada moi especial na Igrexa de Santa María do Campo. A actividade terá lugar o domingo 21 de abril ás 09.00 horas con saída da Alameda.

O Lavadoiro do Souto, o Cruceiro do Vento, o Castro da Subidá, o Menhir de Currás, os muíños e a praia de Loira, así como as de Mogor, Aguete e Portocelo… son só algúns dos puntos turísticos e patrimoniais que veremos coa andaina, na que haberá unha parada diferente. Na Igrexa de Santa María do Campo, actuará o Coro de Cámara Thalassa.

Publicacións Relacionadas