Free Porn
xbporn
Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación celebra o Día do Libro cun contacontos e diversas propostas...

A Deputación celebra o Día do Libro cun contacontos e diversas propostas dixitais para os máis pequenos baixo o lema “A desCuberta dos libros”

- Anuncio -

O ilustrador Marc Taeger e o contador de contos Caxoto serán os encargados da actividade que se celebrará o vindeiro martes 23 de abril, ás 11:00 horas

Na web da Deputación habilitarase un recuncho de libros infantís recomendados por editoriais e uns pequelibros ilustrados para que escriban o seu propio conto

A Deputación de Pontevedra celebrará o Día do Libro 2024 baixo o lema “A desCuberta dos libros”, cun contacontos que terá lugar no Pazo provincial o vindeiro martes, 23 de abril, ás 11:00 horas, e diferentes propostas dixitais para os máis pequenos. O obxectivo é conmemorar esta efeméride homenaxeando á infancia, aos primeiros lectores, aos primeiros libros que collemos e á sensación que se ten cando acontece a descuberta dos libros. Por iso, na programación deste ano a institución provincial pon de relevo a importancia da ilustración nas edicións infantís, convertendo tamén o Día do Libro nunha homenaxe aos ilustradores e ás editoriais de referencia no libro infantil.

O ilustrador Marc Taeger e o contador de contos Caxoto serán os encargados de facer desfrutar aos máis pequenos o martes 23 con “Contos debuxados, debuxos contados”, unha actividade que une contos e ilustracións para crear un espectáculo cheo de vitalidade, situacións esperpénticas, personaxes inesquecibles, creatividade desbordada e moita diversión. O presidente da Deputación, Luis López, e o deputado de Cultura, Jorge Cubela, compartirán a actividade cos cativos, aos que tamén se lles convidará a asistir co seu libro favorito para facer unha lectura conxunta.

Ademais, a semana próxima habilitarase na páxina web da Deputación un espazo con libros infantís recomendados por editoriais galegas, para animar aos máis pequenos a descubrir novas lecturas, e a proposta “Crea o teu primeiro libro”, con dous pequelibros ilustrados para que os máis pequenos escriban o seu propio conto. Desta maneira, poderán descargalo e pregalo á metade para darlle forma de libro e completar os espazos baleiros para crear a súa propia historia, e, se o desexan, compartilo despois a través de participa.cultura@depo.gal.

Relacionadas

O Goberno Municipal de As Neves traballa en solucións reais para o SAF

0
O actual goberno municipal de As Neves, liderado polo alcalde Jose Manuel Alfonso, lamenta profundamente a campaña de desinformación que intenta promover o BNG...

A Deputación ultima o prazo para que o persoal técnico deportivo das entidades locais...

0
As axudas convócanse en colaboración coa Asociación do Deporte Español para sufragar os custos da realización do Curso de Competencias de Dixitalización, Innovación e...

A Deputación de Pontevedra abre o próximo venres a exposición “Espazos liminais na miña...

0
A mostra estará dispoñible ata o 22 de setembro na sala de exposicións do Palacete das Mendoza, sede de Turismo Rías Baixas desde fai...

A Deputación retoma os obradoiros en familia sobre a exposición ‘A era das fábulas’,...

0
As actividades están dirixidos a nenas e nenos a partir de 6 anos acompañados dunha persoa adulta Dentro das actividades complementarias á exposición ‘A era...

A Deputación inicia a próxima semana máis de 20 novos obradoiros do programa Provincia...

0
Preto de 400 veciños de 15 concellos comezarán accións centradas en pandeireta e canto popular, musicoterapia, competencias dixitais, ioga ou ximnasia de mantemento A Deputación...

O Pleno se Salceda Aproba por Unanimidade a Moción do Grupo Socialista que...

0
O Pleno Ordiario do Concello de Salceda de Caselas celebrado o pasado Xoves 29 de  Agosto aprobou por unanimidade a moción presentada polos concelleiros...

Publicacións Relacionadas