Home Pontevedra Baixo Miño A Deputación concede preto de 36.000 euros ao Concello de Oia para...

A Deputación concede preto de 36.000 euros ao Concello de Oia para o proxecto de construción dun pumptrack

- Anuncio -

A actuación será financiada integramente pola Deputación xa que aos 36.000 € do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas hai que engadir outra achega de máis de 18.000 € do Plan +Provincia

A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar unha nova axuda de preto de 36.000 euros ao abeiro do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas para o Concello de Oia para o proxecto de construción dun pumptrack na vila. A actuación, que ascende a preto de 54.000 euros, será financiada integramente pola institución provincial xa que a estes recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas, hai que engadir outra achega de máis de 18.000 € do Plan + Provincia.

Cos recursos provinciais o Concello de Oia poderá financiar o proxecto de construción dun pumptrack nas antigas instalacións municipais do campo de fútbol do Cabezo, na parroquia de Mougás, que contará cunha superficie asfaltada de 360 metros cadrados e un trazado apto para todos os usuarios, independentemente da súa idade e experiencia. O proxecto contempla os traballos previos de limpeza do terreo, de instalación de drenaxe e recollida de augas pluviais, de acondicionamento e de deseño e asfaltado do trazado, así como da posta en marcha da sinalización horizontal.

O Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas da Deputación, dirixido aos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, mobilizou ata o momento 1,8 dos 4 millóns de orzamento total, con achegas, ademais de para Oia, para A Cañiza, A Estrada, Arbo, As Neves, Baiona, Barro, Cangas, Catoira, Cerdedo-Cotobade, Covelo, Crecente, Fornelos de Montes, Gondomar, Lalín, A Lama, Marín, Meis, Mondariz-Balneario, Moraña, Pazos de Borbén, Poio, Redondela, O Rosal, Salceda de Caselas, Salvaterra, Valga, Vilaboa e Vilagarcía de Arousa.

Relacionadas

A Deputación leva ata Ponte Caldelas o programa “Aquí faltan páxinas” para afondar na...

0
A deputada de Igualdade, Sandra Bastos, abrirá o faladoiro este xoves 23 de maio, ás 19:00 horas, na Casa da Cultura da vila, e...

A Deputación organiza no seu Edificio Administrativo cursos de español gratuítos para que inmigrantes...

0
A deputada de Benestar Social, Sandra Bastos, inaugurará o luns 20 de maio, ás 16:00 horas, esta acción formativa na que van participar máis...

A Deputación celebra a integración do Museo de Pontevedra en CODART, unha rede de...

0
“Con esta noticia completamos unha semana de grandes avances liderados polo Museo de Pontevedra para converter á provincia no epicentro cultural internacional”, remarcou o...

A Deputación de Pontevedra abre no Palacete das Mendoza a exposición “Música e pintura”...

0
A mostra do artista coruñés poderá visitarse na sede de Turismo Rías Baixas ata o vindeiro 2 de xuño A Deputación de Pontevedra acaba de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este sábado a Bueu co concerto de...

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este domingo a Rodeiro con Boyanka Kostova

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

Publicacións Relacionadas