Home Pontevedra O Concello de Redondela demanda ás administracións autonómica e estatal o arranxo...

O Concello de Redondela demanda ás administracións autonómica e estatal o arranxo das estradas

- Anuncio -

-O goberno local urxe as obras de humanización da avenida Mendiño en Redondela e a segunda fase da avenida de Vigo en Chapela, que foran anunciadas pola anterior conselleira de Infraestruturas.

-A reparación da rotonda de Cabanas e dun tramo da N-552 próximo a esta zona están en estudo por parte do Ministerio de Obras Públicas para licitar as obras.

  • O goberno local denuncia o “bloqueo burocrático” que está a sufrir por parte da Deputación de Pontevedra para a realización de obras menores e que está a padecer “tanto o Concello de Redondela como os propios veciños e veciñas”.

A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, lembra que desde novembro do ano pasado, cando se celebrou en Santiago unha reunión coa que era conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, o Concello segue á espera dunha resposta sobre os proxectos que son de titularidade autonómica. Daquela, a alcaldesa Digna Rivas e Villar lembráronlle o compromiso adquirido pola Xunta en 2019 para a humanización da avenida Mendiño en Redondela e da segunda fase da avenida de Vigo en Chapela, así como o arranxo das zonas xa humanizadas na avenida de Vigo que presentan afundimentos. O goberno local remitiu á Consellería de Infraestruturas unha memoria descritiva das actuacións que é preciso realizar na avenida Mendiño “e que recollía as demandas do Concello, veciñanza e formacións políticas”. “O arranxo desta avenida é algo urxente”, advirten desde o goberno local, xa que se trata dunha vía que conecta o centro da vila co porto de Cesantes e a praia, con servizos como o centro de saúde, colexios, institutos e instalacións deportivas. O mal estado das beirarrúas obrigou ao Concello “a renovar máis de 300 lousas do pavimento que estaban rotas, ante o perigo que supoñía para os peóns, malia non ser unha competencia municipal”, explica Roberto Villar.
Desde o Concello lamentan que non houbese “ningún avance por parte da Xunta de Galicia” e solicitarase unha reunión coa nova conselleira do ramo, María Martínez Allegue, para lembrarlle estes compromisos. Outra das demandas que lle trasladarán será a necesidade de facer traballos de mantemento e limpeza na estrada PO-250, que une Redondela con Pazos de Borbén, e que se atopa en mal estado.
En canto aos traballos que son competencia do goberno central, o Concello solicitou o arranxo da rotonda de Cabanas, no acceso á autoestrada, e a reparación dun tramo da N-552, próximo a esta zona, que está parcialmente afundido. Tamén son necesarias melloras en tramos das estradas nacionais 550 e 555 que atravesan Redondela. Desde a subdelegación do Goberno contestaron ao Concello que se trata de obras “prioritarias” na provincia de Pontevedra, e que pola súa envergadura precisan dun proceso de licitación que se realizará “o antes posible”. Pablo Domínguez, responsable de Estradas na provincia, confirmoulle á alcaldesa que os traballos proxectados “van máis aló dun simple asfaltado” xa que é preciso facer unha obra de calado para mellorar a rotonda e todos os accesos. Villar solicitoulles que “mentres non se poida acometer a obra na súa totalidade, se asfalten as fochancas para mellorar a circulación dos vehículos”. Tanto a alcaldesa como o edil de Infraestruturas afirman que o Concello “está a facer os deberes e a esixir ás administracións correspondentes que cumpran coas súas obrigas, xa que nós debémonos aos veciños e veciñas de Redondela”. Noutras melloras necesarias como o pintado e sinalización das estradas nacionais xa se está actuando.
O concelleiro de Infraestruturas quixo poñer en valor “a profesionalidade e boa relación” cos vixiantes das estradas tanto da Xunta, como da Deputación e do Ministerio, e agradeceu a súa dispoñibilidade e colaboración “especialmente cos que dependen do Ministerio de Transportes e Mobilidade, que colaboran con nós habitualmente”.

Bloqueo burocrático por parte da Deputación de Pontevedra
O goberno local denuncia o “bloqueo burocrático” que está a sufrir por parte da Deputación de Pontevedra para a realización de obras menores e que está a padecer “tanto o Concello de Redondela como os propios veciños e veciñas”. Roberto Villar pon o exemplo duns traballos de reparación que precisan realizar no contador da auga do antiga escola de Tuimil, no Viso “e que non poden facerse porque estamos esperando o permiso da Deputación para levantar unha plaqueta de 30 centímetros”. O concelleiro denuncia que estes trámites “supoñen que unha obra simple e rápida se demore durante meses”. Por este motivo solicitaron unha xuntanza cos responsables do ente provincial “pero aínda non tivemos resposta”, sinala Villar. O obxectivo do goberno local é chegar a un acordo coa Deputación de Pontevedra “para axilizar os trámites e que este tipo de traballos menores non se atrasen por cuestións burocráticas”. O mesmo acontece cunhas obras solicitadas polos veciños na praza de Ribadavia, no comezo da estrada PO-250, para instalar uns bolardos que eviten que os coches suban á beirarrúa. “Fixemos á solicitude á Xunta hai tempo, pero aínda non temos resposta”.
Por outra banda a alcaldesa de Redondela lamentou tamén “a falta de respecto institucional” por parte dos dirixentes da Deputación de Pontevedra, que nos últimos meses teñen organizado actos neste municipio ser dar conta nin convidar á alcaldía.

Relacionadas

O concello presenta a primeira edición do concurso Balcóns Floridos

0
O certame premiará aos balcóns mellor decorados e contempla un premio específico para as parroquias  As inscricións estarán abertas ata o próximo 30 de maio O...

Montse Prado acusa ao PP de antepoñer os intereses da empresa de ambulancias da...

0
A deputada do BNG reclama a Sanidade que actúe para rematar coa incerteza na que se atopa o cadro de persoal, que sofre impagos...

Seis alcaldes asinan, no Castelo de Soutomaior, o convenio de Protección Civil Oitavén –...

0
A nova agrupación de Protección Civil Oitavén -Tea, con base en Soutomaior e en Mondariz, é a agrupación máis grande de toda Galicia. Esta mañá,...

Luis López defende o uso do galego como vehículo de unión, identificación e defensa...

0
O vestíbulo do Pazo provincial foi escenario dun recital de poemas e textos de Luisa Villalta como homenaxe á autora á que se lle...

Mos racha co idadismo e vólcase en iniciativas interxeracionais

0
O alumnado dos CEIPs do municipio participa en actividades no Centro de Día de Torroso Con motivo da celebración do primeiro aniversario do Centro de...

A Eurocidade Tui-Valença será sede do I Encontro Ibérico de Axentes Forestais e de...

0
Celebrarase o luns 27 e martes 28 de maio contando con conferencias e exposicións de medios A Eurocidade Tui-Valença e o SinFAP, Sindicato Portugués de...

Publicacións Relacionadas