Free Porn
xbporn
Home Pontevedra A terceira edición da Feira do Libro de Soutomaior chega pisando forte...

A terceira edición da Feira do Libro de Soutomaior chega pisando forte con 3 Días de intensa actividade

- Anuncio -

Este ano, por primeira vez, esta cita tamén se vaia a celebrar na parroquia de Soutomaior. Deste xeito o 23 de abril centrará o seu día na Biblioteca Municipal Luís Seoane, o 27 de abril en Talo Río e o 28 de abril estará en horario de mañá en Talo Río e, pola tarde, por primeira vez, aterrará na casa do Pobo do Val Sobral de Soutomaior.

Todo listo para dar o pistoletazo de saída a 3ª edición da Feira do Libro en Soutomaior. O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo e a concelleira de Cultura, Silvia Cernadas, presentaron a ampla programación coa que esta Feira aterra no concello neste 2024.
A celebración comezará en Arcade o propio Día do Libro, o 23 de abril, ás 20.30 h. na Biblioteca Municipal Luís Seoane con ´Memorias dun neno labrego´ . Un espectáculo, dirixido e protagonizado por Candido Pazó, que conta cun gran atractivo visual porque combina a música, a narración oral ao apoiarse nun coidado traballo de videocreación cunha elaborada iluminación que debuxa unha suxestiva escenografía das emocións.
O día 27 o día comezará ben cedo e a Alameda de Talo Río encherase de actividade de 10:00 h. a 21.00 h. Para isto contarán cunha carpa deseñada para acoller os diferentes espazos desta Feira, de tal xeito contará co: Espazo Editorial, do que formarán parte as sete editoriais que aterrarán nesta Feira do Libro (Antela, Patas de Peixe, Edimaes, Hércules Editora, BoadiceaEditora, Cuarto de Inverno e Belagua Ediciones); tamén estará o Espazo Lector con charlas coloquios, presentacións de libro; o Espazo Enreda con xogos e actividades de dinamización da Feira; o Espazo Escenario onde terán lugar os espectáculos; o Espazo Artístico ‘00’ onde botar a voar a creatividade, diversidade, pluradidade,, responsabilidade, receptividade e compromiso para visibilizar o diferente e o Espazo a túa biblioteca! Biblioteca Municipal ´Luís Seoane´ onde poder conversar, compartir e asociase. Todo amparado polo programa municipal Soutomaior Inclusivo.
A concelleira Silvia Cernadas, dixo que “dende a concellaría de cultura estamos moi satisfeitos coa programación deste ano da Feira do Libro. Vai haber máis actividades, algunhas delas desenvolveranse na parroquia de Soutomaior e seguiremos traballando a inclusión e a diversidade para que todos os públicos, desde os bebés ata os maiores, poidan desfrutar do libro e da lectura.”
Durante o 27 de abril, a Feira do Libro tamén contará co servizo de Bebeteca, destinado a crianzas de 0 a 3 anos e cun horario de 10:00 a 20:00h.
Podedes acceder a toda a programación da Feira do Libro a través do seguinte enlace:
https://qrcd.org/53Am
Unha feira pola que pasarán, o sábado, espectáculos como os de: ‘A libraría máxica´ de Bea Campos e Marcos Alonso; ´Travesías. Aventuras de libro´ de Raquel Queizás ou ‘As máis molonas de Pakolas´ de Paco Pakolas. No tocante á presentación de libros estará a de Masha Álvarez coa presentación do seu libro ‘Dakota’; a charla coloquio ‘Mulleres galegas que fan historia’ de Isabel Blanco; a presentación da ‘Banda deseñada cando sopra o vento’ de Kiko Dasilva; a presentación do libro ‘Pedro, o piloto de gaivotas’ do escritor Manuel Darriba e a ilustradora Aida Alonso; a presentación de ‘Universo Bolechas’ con Pepe Carreiro ou a presentación da memoria gráfica de ‘Memorias dun neno labrego’ de Iria Aldegunde.
Todo na compaña de moitas actividades ao longo de toda a xornada tales como o ‘Pasaporte lector’ e o ‘Mapa do tesouro’.
Xa na xornada do domingo o escenario da mañá continuará sendo Talo Río con varias citas entre as que destaca unha charla coloquio sobre a lingua galega ou unha sesión vermú protagonizada por ‘Covers Lovers’. Xa pola tarde a Feira do Libro chegará por primeira vez a casa do pobo do Val Sobral coas actividades, xogos e contacontos de Bibliofogar.
Dende o Concello convidan a todo o mundo a que veñan a desfrutar e a gozar da Feira do Libro de Soutomaior, e animan a que todo o que se suba ás redes sociais deste evento se faga baixo o hashtag #FeiraDoLibroDeSoutomaior.

Relacionadas

O Concello instala unha marquesiña en Dr. Otero Ulloa para as persoas usuarias do...

0
A orientación da marquesiña responde a cuestións de seguridade e accesibilidade, ademais de evitar molladuras e incomodidades nos días de mal tempo O concelleiro de...

O Museo do Mar organiza unha nova edición da súa homenaxe ás mulleres e...

0
A concelleira de Cultura, Marián Sanmartín, presentou xunto coa directiva da asociación este evento, que será este domingo e contará cun recoñecemento pola mañá...

O Concello informa dun corte puntual da auga en Jaime Janer o luns 23...

0
Será entre as 09.00 e as 13.00 horas e ten que ver coas obras de saneamento, que supoñen a renovación do colector do río...

10 anos, récord de participación e dúas olímpicas: a Masterclass de Agarimo que encherá...

0
A alcaldesa, María Ramallo, acompañada dos concelleiros Antonio Traba e Antonio Caíña, recibiron esta mañá no Concello aos directivos do club marinense e ás...

Un total de 650 persoas participarán na Terceira Anadaina concello de Campo Lameiro que...

0
Levarase a cabo sobre un percorrido longo de 24 quilómetros, outro 14 Kms. e un pequeno de 8 Kms. Un total de 650 persoas formalizaron...

A Eurocidade Cerveira Tomiño súmase por primeira vez á Semana Europea do Deporte

0
Baixo o lema #BeActive promoverá a actividade física con accións dirixidas a todos os públicos do 23 ao 29 de setembro A Eurocidade Cerveira-Tomiño prepárase...

Publicacións Relacionadas